O 28 de novembro é o 332º día do ano do calendario gregoriano e o 333º nos anos bisestos. Quedan 33 días para acabar o ano.
Acontecementos 1811 - na sala de concertos Gewandhaus, en Leipzig (Alemaña) estréase o Concerto para piano n.º 5 en mi bemol maior, Op. 73, de Ludwig van Beethoven. 1838 - Promulgación da primeira Lei de educación española coñecida como Lei de Instrución Primaria. 1912 - Albania declárase independente do Imperio Otomán. 1922 - Son asasinados por manifestarse en solidariedade cun veciño ao que lle ían embargar as terras ao negarse a pagar o foro, Xoaquín Estévez Besada da aldea de Soutelo e Venancio González Romero da aldea de Budiño, no concello de Salceda de Caselas, e a labrega Cándida Rodríguez do concello de Tui. 1943 - Conferencia de Teherán, na segunda guerra mundial: Winston Churchill, Franklin Delano Roosevelt e Iosif Stalin encontranse en Teherán, Irán, para discutir estratexias de guerra. 1960 - Mauritania tórnase independente de Francia.
Nacementos miniatura|100px|Friedrich Engels. 1757 - William Blake, poeta e pintor inglés. 1820 - Friedrich Engels, autor do Manifesto Comunista xunto a Karl Marx (m. 1895). 1857 - Afonso XII, rei de España (m. 1885). 1881 - Stefan Zweig, escritor austríaco (m. 1942). 1887 - Ernst Röhm, militar e político alemán (m. 1934). 1907 - Alberto Moravia, escritor e xornalista italiano (m. 1990). 1908 - Claude Lévi-Strauss, antropólogo francés. 1912 - Eugenio Granell, pintor galego. 1928 - Xesús Alonso Montero, escritor galego. 1934 - José María García Leira, político galego. 1957 - Gaspar Llamazares, político español. 1961 - Alfonso Cuarón, director de cinema mexicano. 1969 - Eduardo Estévez, escritor galego.
Mortes miniatura|100px|Mary Somerville. 1290 - Lionor de Castela, raíña consorte de Inglaterra (n. 1241). 1680 - Gian Lorenzo Bernini, escultor e arquitecto italiano (n. 1598). 1849 - Evaristo Pérez de Castro Colomera, político español (n. 1778) 1870 - Frédéric Bazille, pintor impresionista francés (n. 1841). 1872 - Mary Somerville, matemática escocesa. 1936 - Pedro Muñoz Seca, escritor e dramaturgo español, fusilado polo bando republicano na Guerra civil española. 1940 - Manuel Insua Santos, camiñante galego (n. 1850). 1945 - Melchor Méndez Magariños, pintor e gravadista galego-uruguaio (n. 1885). 1954 - Enrico Fermi, físico italiano. 2015 - Xosé Chao Rego, escritor e teólogo galego (n. 1932). 2015 - José María Mendiluce, escritor e político español (n. 1951).
Festas e celebracións
Outros Santoral: San Tiago de Marca.
Os 366 días do ano
Categoría:Novembro