Matías Emanuel Lequi, nado en Rosario o 13 de maio de 1981, é un futbolista arxentino. Xoga de defensa e o seu club actual é o CA Rosario Central.
Traxectoria Empeza a xogar na canteira do Rosario Central desde moi pequeno. A súa clase e temperamento non pasan desapercibidos na Arxentina e Matías é fixo de todas as seleccións inferiores do seu país.
En 2001 aparece a grande ocasión de fichar co River Plate.
En 2003 ateriza en Europa coa camiseta do Atlético de Madrid (34 partidos, 2 goles) en préstamo, onde segue mostrando o seu poder. Pero non lle basta para que o Atlético o fiche ó ano seguinte, porque César Ferrando, o adestrador daquel período, pide á directiva branquivermella a contratación do defensa do Albacete e máis adiante da selección Pablo Ibáñez.
Moi doído por esta decisión, Lequi ficha polo Calcio italiano coa camiseta da Lazio (6 partidos, 0 goles). Aquí o seu progreso atrásase decisivamente, non obstante, o xornal da capital italiana o día da súa fichaxe titula : Por fin, Lequi. Nin Caso nin Papadopulo, os dous adestradores do ano na Lazio, fano xogar con frecuencia.
En xaneiro xorde a posibilidade de irse óo Levante UD pero Matias non acepta. No último día para realizar contratacións de xogadores da tempada 2005/2006 o Celta fíchao cedido con opción de compra. En dous meses merece o posto de titular en parede con Sergio da zaga do Celta.
Durante a tempada 2006/2007 foi adquirido polo Celta de Vigo converténdose nunha das resonantes contratacións do club galego para a tempada antes mencionada, asinando así un contrato por 4 anos co club; converténdose nun dos mellores centrais e peza indiscutible na aliñación do Celta. A súa carreira segue en constante ascenso, podendo en calquera momento ser convocado polo seleccionador de Arxentina. O 7 de agosto de 2008, rescinde o seu contrato co Celta de Vigo.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha Ficha
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Rosario Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Rosario Central Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do SS Lazio Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Iraklis Thessaloniki FC Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do All Boys