Sofia Villani Scicolone, máis coñecida como Sophia Loren, nada o 20 de setembro de 1934 en Roma, é unha actriz italiana gañadora dos premios Oscar e Globo de Ouro.
Traxectoria miniatura|dereita|Sophia Loren, en 1999. Filla da mestra de piano Romilda Villani e o enxeñeiro Riccardo Scicolone, creceu en Pozzuoli (preto de Nápoles) durante a segunda guerra mundial.
Loren comezou a súa carreira en actuación a comezos da década de 1950, con pequenos papeis en películas italianas. Neses tempos, actuou como extra xunto coa súa nai na película Quo Vadis, que foi filmada en Roma. Traballou tamén como modelo en fotonovelas semanais (fotoromanzi), acreditada como Sofia Villani ou Sofia Lazzaro. Foi modelo en varios concursos de beleza, onde gañou varios premios e coñeceu ó seu futuro marido, Carlo Ponti, produtor de películas, con quen casou o 17 de setembro de 1957. Xuntos terían dous fillos, Carlo Ponti Jr. e Edoardo Ponti. O matrimonio foi anulado temporalmente para evitar unha demanda legal contra Ponti tras acusarlle de bigamia, e casaron novamente en 1966.
Cinema miniatura|Sophia Loren A súa carreira comezou a coller pulo cando coñeceu, en 1954, a Vittorio De Sica e Marcello Mastroianni. Para a segunda metade da década de 1950, Loren era popular en Hollywood, protagonizando películas xunto con Frank Sinatra e Cary Grant. Loren asinou un contrato por cinco películas cos estudos Paramount. Entre os seus traballos desta época están Desexo baixo os olmos (Desire under the elms, con Anthony Perkins), Houseboat (con Cary Grant) e O pistoleiro de Cheyenne, baixo a dirección de George Cukor, en 1960.
Sophia Loren gañou o respecto da audiencia pola súa participación en dramas e comedias, especialmente en proxectos italianos, onde era máis libre para expresarse. En 1960, o seu papel en Dúas mulleres, de Vittorio De Sica, proporcionoulle varios premios, entre eles o de mellor actriz nos festivais de Cannes, Berlín e Venecia. Ademais, gañou o premio Oscar como mellor actriz, sendo a primeiro persoa que o gañaba cunha actuación nun idioma diferente ó inglés. Porén a súa típica aparencia dunha actriz fermosa, pero cabeza oca, Loren era recoñecida pola súa intelixencia e agudeza. Un dos seus ditos máis frecuentemente recorridos, refírese á súa dieta: "todo o que ven, débollo ó spaghetti".
En 1980, Sophia Loren tivo o raro privilexio de actuar como ela mesma e como a súa nai, no filme biográfico para televisión. A película estaba baseada no seu libro autobiográfico titulado Sophia: a súa propia historia. O seu nome apareceu nos encabezados de todo o mundo en 1982 por razóns extraartísticas, pois recibiu unha sentenza de cárcere de 18 días, por evasión fiscal.
Xa nos seus sesentas, Loren foi máis selectiva nos seus papeis, e ademais incursionou noutros tipos de negocios, publicando libros de cociña, publicitando anteollos, xoiería e perfumes, sendo a primeira actriz en lanzar unha fragrancia propia. Actuou na película Prêt-à-Porter, de Robert Altman, e na comedia Grumpier Old Men, xunto con Walter Matthau e Jack Lemmon.
En 1991, Loren recibiu un Oscar honorario pola súa contribución ó mundo do cine, e foi declarada un dos tesouros mundiais do cine. En Chile, esta actriz é homenaxeada co nome dunha Locomotora Italiana bautizada na súa Honra (E32), a cal presta servizos en Ferrocarrís do Estado desde 1962.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas1950 Io sono il capataz Secretaria do dictador Le Sei mogli di Barbablù Moza raptada Tototarzan Fan do círculo Tototarzanista Il voto Moza no festival Piedigrotta Cuori sul mare Extra Sen acreditar1951 White Leprosy Rapaza Owner of the Vapor Ballerinetta Milano miliardaria Extra Sen creditar Magician for Force A noiva Quo Vadis Escrava de Lygia Sen acreditar It Was Him!... Yes! Yes! Odalisca Anna Asistente do local nocturno Sen acreditar1952 È arrivato l'accordatore Amiga de Giulietta Il sogno di Zorro Conchita Acreditou como Sofia Scicolone The Favorite Leonora1953 The Country of Campanelli Bonbon Pilgrim of Love We Find Ourselves in the Gallery Marisa Due notti con Cleopatra Cleopatra/Nisca Girls Marked Danger Elvira Good Folk's Sunday Ines Aida Aida Africa Under the Seas Barbara Lama1954 Carosello napoletano Sisina Un giorno in pretura Anna The Anatomy of Love Rapaza Miseria e nobiltà Gemma L'oro di Napoli Sofia Segmento "Pizze a Credito" Attila, il flagello di Dio Honoria Peccato che sia una canaglia Lina Stroppiani1955 O signo de Venus Agnese Tirabassi La bella mugnaia Carmela La donna del fiume Nives Mongolini Pane, amore e... Donna Sofia 1956 La fortuna di essere donna Antonietta Fallari1957 A serea e o delfín Phaedra Orgullo e paixón Juana Legend of the Lost Dita1958 Desire Under the Elms Anna Cabot The Key Stella The Black Orchid Rose Bianco Houseboat Cinzia Zaccardi 1959 That Kind of Woman Kay1960 O pistoleiro de Cheyenne Angela Rossini It Started in Naples Lucia Curio The Millionairess Epifania Parerga A Breath of Scandal Princesa Olympia Dúas mulleres Cesira 1961 El Cid Ximena Díaz Madame Sans-Gêne Catherine Hubscher, coñecida como "Madame Sans-Gêne"1962 Boccaccio '70 Zoe Segmento "La Riffa" I sequestrati di Altona Le Couteau dans la plaie Lisa Macklin 1963 Ieri, oggi, domani Adelina Sbaratti/Anna Molteni/Mara 1964 A caída do Imperio Romano Lucila Matrimonio all'italiana Filumena Marturano1965 Operation Crossbow Nora Lady L Lady Louise Lendale/Lady L1966 Judith Judith Arabesco Yasmin Azir1967 A Countess from Hong Kong Natasha More Than a Miracle Isabella Candeloro 1968 Questi fantasmi Maria Lojacono 1970 I girasoli Giovanna 1971 La mortadella Maddalena Ciarrapico La moglie del prete Valeria Billi 1972 Man of La Mancha Aldonza/Dulcinea 1973 Bianco, rosso e... Hermana Germana1974 A viaxe Adriana de Mauro Verdict Teresa Leoni Brief Encounter Anna Jesson Telefilme 1975 La pupa del gangster Pupa 1976 The Cassandra Crossing Jennifer Rispoli Chamberlain 1977 Una giornata particolare Antoinette 1978 Fatto di sangue fra due uomini per causa di una vedova. Si sospettano moventi politici Titina Paterno Brass Target Mara Angela Angela Kincaid 1979 Firepower Adele Tasca 1980 Sophia Loren: Her Own Story Ela mesma/Romilda Villani (a súa nai) 1984 Qualcosa di biondo Aurora Telefilme 1986 Courage Marianna Miraldo Telefilme 1988 The Fortunate Pilgrim Lucia Miniserie de televisión 1989 Running Away Cesira Miniserie de televisión 1990 Saturday, Sunday and Monday Rosa Priore 1994 Prêt-à-Porter Isabella de la Fontaine 1995 Grumpier Old Men Maria Sophia Coletta Ragetti 1997 Soleil Maman Levy 2001 Francesca e Nunziata Francesca Montorsi Miniserie de televisión 2002 Between Strangers Olivia2004 Peperoni ripieni e pesci in faccia Maria Lives of the Saints Teresa Innocente Miniserie de televisión 2009 Nine Mamma 2010 My House Is Full of Mirrors Romilda Villani Miniserie de televisión 2011 Cars 2 Mama Topolino voz 2013/14 La Voce Umana Curtametraxe
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1934 Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Nados na provincia de Nápoles Categoría:Óscar honorífico