miniatura|Josito Porto, gañador no 2014. Os Premios de Teatro María Casares ao mellor actor outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores actores de teatro da temporada anterior.

Os galardóns Os Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor actor protagonista os seguintes profesionais:

1997: Gonzalo Uriarte por A noite das tríbades (Teatro do Atlántico). 1998: Josito Porto por Nano (Teatro do Adro). 1999: Fernando Dacosta por Tics (Sarabela Teatro). 2000: Xosé Manuel Olveira "Pico" por Si o vello Sinbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego). 2001: Fernando Dacosta por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro). 2002: Roberto Vidal Bolaño por Os papalagui (Teatro do Aquí). 2003: Xosé Manuel Olveira "Pico" por Binomio de Newton (Teatro do Adro). 2004: Artur Trillo por Bicos con lingua (Teatro do Adro). 2005: Roberto Leal por Indignos (María a Parva). 2006: Xan Cejudo por Tío Vania (A Factoría Teatro). 2007: Luís Tosar por Hamlet (RTA-ROSP Coruña). 2008: Ernesto Chao por As últimas lúas (Lagarta Lagarta). 2009: Víctor Mosqueira por Obra (No comment) (Producións Teatrais Excéntricas). 2010: Toño Casais por Palabras encadeadas (Talía Teatro).A Esmorga triunfa nos María Casares con cinco galardóns , artigo en Xornal.com 2011: Evaristo Calvo por Un cranio furado (Producións Teatrais Excéntricas)Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, 25/3/2011. 2012: Evaristo Calvo por Oeste solitario (Producións Teatrais Excéntricas) 2013: Xosé Manuel Olveira "Pico" por Kafka e a boneca viaxeira (Eme2). 2014: Josito Porto por As Mil Vidas de Matías Houseman (Teatro do Adro). 2015: Machi Salgado por O Feo (CatroCadeiras). 2016: Toni Salgado por O principio de Arquímedes (Teatro do Atlántico) 2017: Santi Romay por O tolleito de Inishmaan (Contraproducións e FIOT Carballo) 2018: Iván Marcos por A cabeza do dragón (Producións Teatrais Excéntricas) 2019: Miguel Borines por Casa O' Rei (Ibuprofeno Teatro) 2020: Machi Salgado por Idiota (Redrum Teatro) 2021: Davide González por Microspectivas dun marica millennial (Incendiaria) 2022: Tatán por Terceiro acto. 2023: Josito Porto por Smoke on the water. 2024: Toni Salgado por Shakespeare en Roma, do CDG 2025: Anxo Outumuro por Iribarne, de ButacaZero. 2026: Fran Lareu por Un tal Romeo.

Actores máis premiados Os actores co galardón en tres ocasións foron Xosé Manuel Olveira e Josito Porto. Evaristo Calvo e Fernando Dacosta conseguírono en dúas.

Notas

Ligazóns externas Información sobre todas as edicións dos Premios na páxina da AAAG Asociación de actores e actrices de Galicia

!