O 11 de decembro é o 345º día do ano do calendario gregoriano e o 346º nos anos bisestos. Quedan 20 días para finalizar o ano.

Acontecementos 452 - Grávase a derradeira inscrición coñecida na escritura demótica exipcia, na illa de Filae. 1813 - Napoleón Bonaparte restitúe a Fernando VII a coroa de España. 1917 - Lituania declara a súa independencia de Rusia. 1927 - Comeza o Levantamento de Cantón en Cantón, China. 1937 - Italia abandona a Liga das Nacións. 1941 - Alemaña e Italia declaran a guerra aos Estados Unidos. 1946 - As Nacións Unidas crean UNICEF para a protección da infancia. 1958 - O Alto Volta declara a súa independencia de Francia. 1981 - 900 persoas son asasinadas no Salvador durante o masacre de El Mozote. 1999 - O concello de Pontevedra recoñece a Alexandre Bóveda coa Medalla de Ouro da Cidade e a distinción de Fillo Adoptivo 2002 - A páxina web da Compañía de Radio-Televisión de Galicia é elixida como a mellor do ano na categoría Medios de Comunicación de Yahoo! en catalán.

Nacementos miniatura|125px|dereita|Hector Berlioz. 1803 - Hector Berlioz, compositor francés (m. 1869). 1810 - Alfred de Musset, escritor francés (m. 1857). 1824 - Víctor Balaguer, escritor e político catalán (m. 1901). 1833 - Ramón Verea escritor, xornalista e inventor, en Curantes (A Estrada) 1843 - Robert Koch, médico alemán, descubridor do bacilo da tuberculose (m. 1910). 1856 - Georgi Plekhanov, revolucionario ruso (m. 1918). 1863 - Annie Jump Cannon, astrónoma estadounidense. 1882 - Max Born, físico alemán, Premio Nobel de Física en 1954 (m. 1970) 1887 - Carlos Gardel, cantante e compositor de tangos arxentino (m. 1935).

1890 - José Calviño Domínguez, avogado e político galego (m. 1947).

1905 - Eugen Fink, filósofo alemán (m. 1975).

1908 - Carlos Arias Navarro, presidente do Goberno de España (1974-1976). 1911 - Naguib Mahfús, escritor exipcio (m. 2006). 1913 - Xulio Francisco Ogando, escritor e académico galego (m. 2005). 1930 - Jean-Louis Trintignant, actor francés. 1930 - Chus Lampreave, actriz española. 1934 - Manuel Rodríguez López, poeta, cronista e tradutor galego (m. 1990). 1940 - Diego Bernal López, xornalista galego (m. 2001). 1941 - Cándido Sánchez Castiñeiras, médico e político galego. 1958 - Alberto Ruiz-Gallardón, político español.

Mortes miniatura|125px|dereita|Averroes. 1198 - Averroes, filósofo andalusí (n. 1126). 1282 - Miguel VIII Paleólogo, emperador bizantino. 1474 - Henrique IV de Castela, rei de Castela e de León (n. 1425). 1582 - Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba, xeneral español (n. 1507) 1937 - Ángel Pestaña, anarcosindicalista español. 1953 - Albert Coates, compositor e director anglo-ruso (n. 1882). 1957 - Musidora (Jeanne Roques) actriz e escenógrafa francesa (n. 1889) 1964 - Alma Mahler, de solteira Schindler, artista, compositora e pintora de orixe austríaca (1879). 1995 - Yang Mo, escritora chinesa (n. 1914). 2007 - Fernanda Botelho, escritora portuguesa (n. 1926). 2007 - Alberto Datas, pintor galego (n. 1935).

Festas e celebracións Día Internacional das Montañas Día do Tango, en Buenos Aires, Arxentina. Día da República en Burkina Faso (1958).

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro