Hable con ella é un filme español de 2002 dirixido e escrito por Pedro Almodóvar. Está protagonizado por Leonor Watling, Javier Cámara, Rosario Flores, Geraldine Chaplin e Darío Grandinetti entre outros. Gañou o premio Oscar ó mellor guión orixinal en 2002 e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa en 2003. Entre os temas da película inclúense a dificultade de comunicación entre os sexos, a soidade e intimidade, segredos e infidelidades e a persistencia do amor trala perda.
É amplamente considerado un dos mellores filmes da década de 2000, e unha das obras mestras de Almodóvar.
Sinopse Os camiños de Benigno (Javier Cámara) e Marco (Darío Grandinetti) crúzanse cando ambos acoden á mesma actuación de baile, pero finalmente coinciden de novo na clínica privada onde Benigno traballa. Alí está a enfermeira de Alicia (Leonor Watling), unha fermosa estudante de danza que permanece en coma e coa que Benigno comeza a obsesionarse. Marco está na clínica para visitar a súa moza Lydia (Rosario Flores), unha famosa matadora, tamén en coma despois de ser collida por un touro.
Mentres as vidas de Marco e Benigno xiran arredor das das dúas mulleres, a historia contén flashbacks que contan as vidas das catro persoas centrándose nas súas relacións.
Marco deixa a Lydia cando a súa anterior parella lle informa de que eles volveran a estar xuntos un mes antes de que ela sufrise o accidente. Decide marchar de España cara a Xordania, co obxectivo de escribir unha guía turística. Estando alí descobre nun xornal a morte de Lydia.
Mentres, Benigno é acusado de violar a Alicia, da que cre estar namorado - aínda que non se revela se é realmente culpable - está fortemente implicado e é enviado a prisión. Pouco despois inxire unha gran cantidade de pastillas para intentar quedar el tamén en coma e así poder reunirse novamente con Alicia. Porén, o exceso de pastillas acaba coa vida de Benigno.
Ironicamente, Alicia esperta pouco antes do nacemento do fillo froito da violación. Cando o bebé acaba de nacer, Alicia comeza coa rehabilitación para poder volver a camiñar. A película remata con Marco, sentando diante de Alicia, xirándose e sorríndolle, e logo volvéndose cara a diante.
Personaxes
Javier Cámara como Benigno Martín Darío Grandinetti como Marco Zuluaga Leonor Watling como Alicia Rosario Flores como Lydia González Mariola Fuentes como Rosa Geraldine Chaplin como Katerina Bilova Pina Bausch como bailarina 'Café Müller' Malou Airaudo como Bailarina Caetano Veloso como cantante da festa "Cucurrucucú Paloma" Roberto Álvarez como doutor Elena Anaya como Ángela Lola Dueñas como Matilde Adolfo Fernández como neno do Valencia Ana Fernández como irmá de Lydia Chus Lampreave como porteira
Acollida O filme recadou 9.285.469 dólares nos Estados Unidos e 41.716.081 dólares máis internacionalmente, para acadar os 51.001.550 dólares.
Premios Gañados Premios Oscar: Mellor guión orixinal (Pedro Almodóvar) Asociación de Críticos Cinematográficos da Arxentina ("Silver Condor"): Mellor película estranxeira Premios BAFTA: Mellor película en lingua non inglesa Mellor guión orixinal (Pedro Almodóvar) Festival Internacional de Cine de Bangkok ("Golden Kinnaree Award"): Mellor película e mellor director (Pedro Almodóvar) Premios Bodil: Mellor película non americana Premios Bogey: Mellor película estranxeira Gran Premio BR do Cinema Brasileiro: Mellor película estranxeira Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos (España): Mellor música orixinal (Alberto Iglesias) Czech Lions: Mellor película estranxeira César Awards: Mellor película europea European Film Awards: mellor película, mellor director, (Pedro Almodóvar), mellor guión (Pedro Almodóvar) Golden Globe Awards: Mellor película estranxeira Premios Goya (Spain): Mellor música orixinal (Alberto Iglesias) Asociación de Críticos Cinematográficos de Los Angeles: Mellor director (Pedro Almodóvar) Premio Diosa de Plata dos Xornalistas mexicanos ("Silver Goddess"): Mellor película estranxeira National Board of Review: Mellor película estranxeira Russian Guild of Film Critics ("Golden Aries"): Mellor película estranxeira Premios Satellite: Mellor guión (Pedro Almodóvar) Festival Internacional de Cine de Sofía: Audience Award - Best Film Unión de Actores: Mellor actriz secundaria (Mariola Fuentes) Asociación de Críticos Cinematográficos do Uruguai: Mellor película Círculo de Críticos Cinematográficos de Vancouver: Mellor película estranxeira
Nomeamentos Premios Oscar: Mellor director (Pedro Almodóvar)
Notas
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes rodados en Almería Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal