O menor dos males é unha película galega dirixida por Antonio Hernández en 2007. Trátase dunha longametraxe de 110 minutos de duración escrita por Antonio Galeano, producida a súa totalidade por Voz Audiovisual e rodada na Ponte Maceira (Negreira).

No elenco desta comedia galardoada con tres premios no Festival de Cine de Málaga 2007 figuran os actores galegos César Cambeiro, Berta Ojea, Antonio Durán "Morris" e Xabier Deive.

Sinopse A película conta a historia de Eduardo, un pai de familia residente en Madrid e que se dedica profesionalmente a política ocupando un posto de relevancia. Ten unha irmá, Julia, residente na casa familiar de Galicia e á que decide visitar sen previo aviso.

Eduardo intenta que Julia marche da casa e lla deixe a fin de semana coa excusa dunha importante reunión de traballo. Ante a negativa dela, acaba por confesarlle que o que pretende en realidade é pasar eses días coa súa amante, Vanessa, unha moza moi nova coa que leva dous anos.

Participou no Festival de Cine de Ourense en novembro de 2007 e a súa estrea nos cines españois produciuse o 14 de marzo de 2008.

Elenco de actores Carmen Maura. Como Julia. Roberto Álvarez. Como Eduardo. Verónica Echegui. Como Vanessa. Berta Ojea. Como María. César Cambeiro. Como Escoriza . Xabier Deive . Como Rodero. Antonio Durán "Morris". Como Hugo. Marta Belenguer. Como Ruth.

Equipo técnico Dirección: Antonio Hernández Produción: David Martínez Xefatura de produción: Alfonso Blanco Música: Nani García Xefatura de son: Carlos Mouriño Montaxe: Jorge Coira Dirección de fotografía: Javier Salmones Dirección de arte: Gabriel Carrascal Asistencia de dirección: Manuel Gómez Guión: Antonio Galeano Cámara: David Acereto Maquillaxe e peiteado: Romana González "Pato" e Leonor García

Galardóns e nomeamentos Biznaga de Prata ó mellor guión (Antonio Hernández e Antonio Galeano), ó mellor vestiario (Ruth Díaz) e á mellor actriz secundaria (Verónica Echegui) no Festival de Cine de Málaga 2007. Nomeamento ó Biznaga de Ouro ó mellor director.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2008Mellor actrizCarmen MauraNomeadaMellor montaxeJorge Coira GañadorMellor sonCarlos MouriñoNomeado

Véxase tamén Ligazóns externas Axencia Audiovisual Galega Consello da Cultura Galega Cine Ibérico

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego