miniatura|dereita|Luciano Pavarotti. Luciano Pavarotti, nado nas aforas de Módena o 12 de outubro de 1935 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 2007, foi un tenor italiano e un dos cantantes máis famosos de ópera do século XX.

Vida Foi fillo único dun panadeiro amante da ópera chamado Fernando Pavarotti (1912-2002), que estimulou a Luciano a comezar os seus estudos no mundo do canto lírico. A súa nai chamábase Adele Venturi (1915-1999), e traballaba nunha fábrica cigarreira. Traballou un breve tempo como profesor de primaria logo de graduarse. As súas primeiras incursións vocais deunas no coro de Módena xunto ao seu pai.

A pesar de que Luciano falaba con cariño da súa infancia, a realidade é que viviu certas penurias, aínda que a felicidade podería ser interpretada de formas diversas. A súa familia tiña escasos recursos económicos; os seus catro membros apiñábanse nun apartamento de dous cartos. A segunda guerra mundial forzou a súa familia a evacuar a cidade en 1943 e no ano seguinte tiveron que alugar un cuarto a un granxeiro na campiña próxima, onde Luciano desenvolveu interese pola agricultura.

O 7 de xullo de 2006 foi operado dun cancro de páncreas nun hospital de Nova York. Faleceu ás 5 da mañá do xoves 6 de setembro do 2007 por un fallo renal derivado do cancro.

Traxectoria profesional Ópera Debutou o 29 de abril de 1961 no papel de Rodolfo na ópera La Bohème de Puccini, no pazo da ópera de Reggio Emilia e consagraríase no rol de Tonio da ópera A filla do rexemento coa súa difícil aria de nove notas e dó de peito.

Pavarotti foi moi solicitado en teatros de todo o mundo ata o seu retiro na Ópera Metropolitana de Nova York, en marzo do 2004, onde interpretou o papel do pintor Mario Cavardossi en Tosca, de Giacomo Puccini.

Música popular No seu achegamento á música popular, gravou duetos con Eros Ramazzotti, Sting, Andrea Bocelli, Frank Sinatra, Michael Jackson, e aínda inéditos, co brasileiro Caetano Veloso e o grupo de rock irlandés U2. Cos tenores españois Plácido Domingo e José Carreras, formou o trío Los Tres Tenores (The Three Tenors).

Durante varios anos dende 1991, Pavarotti apoiou a organización War Child, e recadou fondos para a construción dun centro de musicoterapia en Mostar. Para iso anualmente organizaba concertos en Módena baixo o título "Luciano Pavarotti and friends", onde ademais participaban outras personalidades da música internacional, como Anastacia.

Repertorio

<big>Repertorio operisticoPersonaxe TítuloCompositor Tebaldo I Capuleti e i Montecchi BelliniElvino La sonnambula BelliniPollione Norma BelliniOrombello Beatrice di Tenda BelliniArturo Talbo I puritani BelliniFaust Mefistofele BoitoNemorino L'elisir d'amore DonizettiRoberto Leicester Maria Stuarda DonizettiEdgardo Ravenswood Lucia di Lammermoor DonizettiTonio La Fille du régiment DonizettiFernando La Favorite DonizettiAndrea Chénier Andrea Chénier GiordanoCanio Pagliacci LeoncavalloTuriddu Cavalleria rusticana MascagniFritz Cobus L'amico Fritz MascagniDes Grieux Manon MassenetIdamanteIdomeneo Idomeneo MozartEnzo Grimaldo La Gioconda PonchielliRenato des Grieux Manon Lescaut PucciniRodolfo La Bohème PucciniMario Cavaradossi Tosca PucciniF. B. Pinkerton Madama Butterfly PucciniCalaf Turandot PucciniArnoldo Melchtal Guillaume Tell RossiniCantante italiano Der Rosenkavalier StraussOronte I Lombardi alla prima crociata VerdiErnani Ernani VerdiMacduff Macbeth VerdiRodolfo Luisa Miller VerdiDuca di Mantova Rigoletto VerdiManrico Il trovatore VerdiAlfredo Germont La traviata VerdiRiccardo Un ballo in maschera VerdiDon Carlo Don Carlos VerdiRadames Aida VerdiOtello Otello Verdi

Véxase tamén

Categoría:Tenores de Italia Categoría:Nados en Módena Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Finados por cancro de páncreas