O Oscar ó mellor actor de secundario é unha as categorías dos Premios Oscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles. Entrégase para premiar actores con interpretacións destacadas en papeis non protagonistas na industria do cinema. O premio adoita ser entregado pola gañadora do Óscar á mellor actriz secundaria da edición anterior.
Na cerimonia da 9ª edición dos Óscar que tivo lugar en 1937, Walter Brennan foi o primeiro gañador polo seu papel en Come and Get It. Inicialmente, os gañadores nas categorías de interpretación secundaria recibían placas no canto de estatuas. A partir da 16ª edición, celebrada en 1944, os gañadores reciben estatuas de tamaño normal.
Dous actores foron nomeados postumamente, Ralph Richardson e o gañador Heath Ledger.Chadwick Boseman is the 7th actor to receive a posthumous Oscar nomination. Here's who else has received the honor.
Galardoados por ano miniatura|120px|Walter Brennan foi o primeiro gañador nesta categoría por Come and Get It (1936); volveu gañar polos seus papeis en Kentucky (1938) e O forasteiro (1940). miniatura|120px|Anthony Quinn gañou dúas veces, por Viva Zapata! (1952) e Lust for Life (1956). miniatura|120px|Peter Ustinov gañou en dúas ocasións, por Spartacus (1960) e Topkapi (1964). miniatura|120px|Melvyn Douglas gañou dúas veces nesta categoría, por Hud (1963) e Being There (1979). miniatura|120px|Polo seu papel como mestre de cerimonias en Cabaret, Joel Grey gañou o premio de 1972, un dos oito gañadores do Óscar e o Tony polo mesmo papel. miniatura|120px|Jason Robards gañou dous premios consecutivos, en 1976 e 1977 polos seus papeis en Tódolos homes do presidente e Julia. miniatura|120px|Con vinte anos, Timothy Hutton é o actor máis novo que gañou nesta categoría, polo seu papel de Conrad Jarrett en Xente corrente (1980). miniatura|120px|Louis Gossett Jr. gañou pola súa interpretación en An Officer and a Gentleman (1982), converténdose no primeiro actor negro que gañou nesta categoría. miniatura|120px|Michael Caine gañou en dúas ocasións, por Hannah e as súas irmás (1986) e As normas da casa da sidra (1999). miniatura|120px|Heath Ledger gañou o premio postumamente polo seu papel como Joker en O cabaleiro escuro (2008), primeira vitoria por interpretar un personaxe orixinado nunha banda deseñada. miniatura|120px|Christoph Waltz gañou en dúas ocasións, polos seus papeis en Inglourious Basterds (2009) e Django Unchained (2012). miniatura|120px|Con 82 anos, Christopher Plummer converteuse no intérprete de maior idade en gañar un Óscar por Beginners (2011.) miniatura|120px|Jared Leto gañou por interpretar unha muller transexual en Dallas Buyers Club (2013). miniatura|120px|Mahershala Ali gañou o premio en dúas ocasións. En letra grosa os que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.