Mofa e Befa en Gran liquidación é unha curtametraxe muda en branco e negro protagonizada polo dúo cómico galego Mofa e Befa en 1995, escrita e dirixida por Jorge Coira e producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña.

Trátase dunha produción de 20 minutos de duración que conta a historia de dous asasinos a soldo que teñen que cumprir co encargo de matar a un ancián rico.

Intérpretes miniatura|dereita|200px|Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira na representación de Oeste solitario. Evaristo Calvo - Mofa Víctor Mosqueira - Befa Xoán Cejudo - Pai Luís Tosar María Bouzas María Pujalte Antonio Pereira Saqués

Premios Premio A Coruña... de cine ó mellor guión 1994 outorgado polo Concello da Coruña. Mellor curtametraxe na I Semana de Cine Celta. Premio AGAPI ’96 ó Mellor Actor, ex aequo para Luna e para o tándem Mofa e Befa (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo).

Véxase tamén Ligazóns externas Mofa e Befa - "Gran Liquidación" de Jorge Coira IMDb Consello da Cultura Galega

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Cinema mudo