250px|Pan de bola|miniatura O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do pan na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Recóllese non só a información referida expresamente ó pan, senón tamén a referida á fariña e a actividades directamente relacionadas, como sementar, segar etc.; as referidas ó millo e á broa recóllense no artigo o millo na cultura popular galega.
Ademais do seu significado recto (alimento elaborado con fariña, auga, sal e lévedo, fermentado e cocido no forno), a palabra pan designa especificamente o centeo ou un cereal en xeral; segundo Eladio Rodríguez, tamén denomina o millo aínda na terra. Pero ademais é un elemento de referencia para designar moitas outras realidades.
Etnografía Botando unha vacaloura na auga coa que se fai a masa para enfornar, crese que o pan leveda antes.
Crese que cando as vacas acabadas de parir deitan un costro sanguinolento, débese a algunha meiga lles botara un meigallo. Para superalo, débese acender o forno tres veces ó día e botar nel o leite muxido, co que se supón que así se mata a bruxa ou, cando menos, se desfai o meigallo Eladio Rodríguez González, s. v. forno..
Cando meten o pan no forno hai que rezar o seguinte ensalmo: Que Deus te aumente con San Vicente, que Deus te levede con san Mamede. Ou ben: Que Deus te acrecente e o señor san Vicente e a santa Mariña, pra que te fagan vir axiña.Tamén nas Médulas (León) se utiliza un ensalmo semellante: Dios te aumente, Dios te desperte; San Vicente ia San Xusto de pouco que fagan muito (Fernando Bello Garnelo: Léxico y literatura de tradición oral en el entorno de las Médulas (León), Universidad de León 2010, 417).
De sempre, o pan recibiu un trato de respecto debido, seguramente, ás implicacións relixiosas derivadas do seu uso por Xesucristo en momentos relevantes do nacemento do cristianismo. O feito de considerar o pan como o Corpo de Cristo esixía darlle un trato especial. Moi probablemente os tempos de fame tiveron que intervir tamén nese mesmo tratamento respectuoso.
Por todo o anterior, nunca se debe tirar o pan ó chan e, se nos cae, debe recollerse inmediatamente e bicalo. Se alguén atopa un anaco de pan deitado nun camiño, debe recollelo e colocalo onde ninguén o poida pisar.
Cando algún esmoleiro veña pedir e se lle dea un pan, tamén hai que bicalo antes de darllo. E o pobre debe repetir o xesto antes de agradecelo.
Tampouco se debe tirar o pan sobrante ao lixo, pero se admite botalo ao lume.
É de mal agoiro deixar cravado un coitelo no pan, o mesmo que pousalo na mesa dado a volta.
Fraseoloxía Locucións miniatura|A pan e coitelo:Ter xente na casa, estar a mesa posta
A pan comer: acoller xente na casa, a mesa posta. A pan e auga: aplícase a castigos de xexún. A pan e coitelo: a pan comer. A pan e mantés: a pan comer. A pan pedir: vivir da caridade pública, pedindo esmola. A pan seco comer pan só, sen outro compango nin viño. ¡Así Dios nos dea pan e paz!
Refraneiro En abril espigas mil|miniatura
A auga de san Xoán, leva o viño e tolle o pan. A auga de san Xoán, tolle o viño e non dá pan. A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan. A choiva no abril dá millo e dá pan. A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan. A falta de pan, bo é pantrigo. Á mesa sin pan non te poñas a xantar. A pan de quince días, fame de tres semanas. A pan duro, dente agudo. O pantrigo fíxoo Deus, a broa mandouna facer.
Cantigueiro miniatura|Mariquiña da forneira,a túa nai onte coceu,dáme un anaco de bólapola nai que te pareu A galiña pon o ovo/ pra o proveito da muller:/ o home vai pra o monte/ ¡come broa si a quer! Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: pón, pr’a, par’o monte.. Á miña Mariquitiña/ heina de ensinar a todo;/ a peneirar, a amasar/ i a mete-lo pan no forno Xaquín Lorenzo Fernández, 37. No orixinal: metelo).. A miña muller, Farruco,/ éche unha cumprimenteira:/ bebeu un xarro de viño,/ comeu unha bola enteira Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No orixinal: éch’unha.Xaquín Lorenzo Fernández, 37.. A miña muller, Farruco,/ éche unha cumprimenteira:/ co rabo dunha sardiña/ comeu unha bola enteira Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: inteira.. A miña muller morreu/ enterreina tras do forno,/ pasei onte por alí,/ inda me choscou un ollo Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: choscóu.. A miña muller, Farruco,/ éche unha cumprimenteira:/ co rabo dunha sardiña/ comeu unha bola enteira Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No texto: inteira.. A muller que ha de ser miña/ ha de ter o cu de pan,/ a barriga de cortizo/ i o nariz de bacallau É posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau.. A túa muller, Farruco,/ éche ben cumprimenteira,/ co rabo dunha sardiña/ comeu unha bola enteira Lino Lema Bouzas, 15.. Ai, Xesús, que calma fai/ por riba dos segadores!/ quen fora ramiño verde/ que cobrise ós meus amores Xaquín Lorenzo Fernández, 35.. As meniñas, as de Calvos,/ todas ten a saia rota,/ só a filla da forneira/ que a ten feita de estopa Xaquín Lorenzo Fernández, 47. Santiago de Calvos, parroquia de Bande.. Cala, bica balorenta,/ cálate e vaite calando,/ que un ollo teño torto/ i o outro estao arremedando Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: valorenta.. Cala, cebola rustrida,/ que es bica de formento,/ eres unha penachuda,/ cara de porco cheirento Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: és, pero eres.. Cando eu era rapaz/ faguía mil diabluras:/ mollaba o pan no aceite,/ deixaba a Dios ás escuras Xaquín Lorenzo Fernández, 55.. Cando paso á túa porta/ collo pan e vou comendo/ porque non digan teus pais/ que de verte me manteño Xaquín Lorenzo Fernández, 56.. Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás Xaquín Lorenzo Fernández, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, concello de Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.. Cara de leite fervido,/ cara de pan balorento,/ anda tua nai decendo/ que lle cóme-lo formento Xaquín Lorenzo Fernández, 59. No orixinal: valorento, tua, comelo.. Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran. Casou Rosa cun mociño/ que é noxenta criatura,/ mais cando non hai o pan/ porvéintanse as faragullas Xaquín Lorenzo Fernández, 61. No orixinal: casóu. Xaquín Lorenzo di que é da autoría de Lamas Carvajal.. Catro cartos para pan,/ tres e medio para viño,/ un carto para tabaco,/ alá vai un realiño. Cunha codia de pan quente,/ unha sardiña salgada/ e o abrazo dunha nena/ pasa un home unha somana Xaquín Lorenzo Fernández, 221.. Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu No texto: Dam'un, pol-a, ch'hei, xurêlo, Buêu.. De almorzo danme papas,/ de xantar papas me dan,/ de merenda danme papas,/ de noite papas sen pan Xaquín Lorenzo Fernández, 260.. Déixame ir, que vou de presa,/ que vou abrir unha poza,/ teño trigo sementado/ no curazón dunha moza Xaquín Lorenzo Fernández, 68. No orixinal: de unha.. Díanno-los reises:/ figos, chourizos e viño/ e tamén algún diñeiro/ para merca-lo pantrigo Xaquín Lorenzo Fernández, 70. No orixinal: díannolos, mercalo.. Durme, meu solciño, durme,/ pra que eu poida traballar;/ teño que lava-los panos,/ peneirar e amasar Xaquín Lorenzo Fernández, 73. No orixinal: lavalos.. Eres blanca como o leite,/ colorada como o trigo;/ se te non levan de noite/ de día non tes perigo Xaquín Lorenzo Fernández, 75.. Este ano hai moito trigo,/ ¡casamentos que ha de haber!/ hase de casa-la fame/ coa gana de comer Saudade nº 4, xullo 1943, 27. No texto: qu’ha, casal-a.. Eu non quero ver tristezas,/ queiro o sol á miña beira;/ onda a sombra o pan non crece/ nin dá rosas a roseira Xaquín Lorenzo Fernández, 82.. Eu subín ó alcipreste,/ subino e baixei de pé;/ non quero pan encetado/ que o meu enteiriño é Xaquín Lorenzo Fernández, 84.. Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno Elixio Rivas Quintas 1978.. Fun ó santo San Andrés/ fun coa miña empanada,/ anque o santo é milagreiro/ é amigo da fuliada Vicente Risco 1962, 405.. Heiche de dar viño tinto,/ sopas de pan balorento,/ moza que falas comigo,/ mira que pérde-lo tempo Fermín Bouza-Brey 1929, 181. No orixinal: valorento, perdel-o.. María Antonia do Rego,/ a do refaixo marelo,/ andas segando no trigo,/ falando cun ganadeiro Xaquín Lorenzo Fernández, 93. En tempos, existían as chamadas mozas alugadas, que formaban cuadrillas para ir á sega a terras de preto, aínda que tamén podían chegar a Castela. A cantiga reflicte a súa mala fama.. Mariquiña da forneira,/ a túa nai onte coceu,/ dáme un anaco de bola/ pola nai que te pareu. Mariquiña da forneira/ se coceres faime un bolo,/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como Xaquín Lorenzo Fernández, 93.. Maruxa, se vas á sega/ escríbeme do camiño,/ se non topares papel,/ nas alas dun paxariño Xaquín Lorenzo Fernández, 94.. Maruxiña da Portela,/ hoxe túa nai coceu,/ dáme un cachiño de bola/ pola nai que che pareu Fermín Bouza Brey 1929, 174. No orixinal: tua, dame, pol-a.. Marzo, espigarzo;/ abril, penduril;/ maio, granado;/ san Xoán, curado./ Na santa Mariña/ metelo na arquiña. Meu filliño pequerrecho,/ tesouro da túa naiciña,/ durme, que inda hei de ir ó muíño/ buscar pró pan a fariña Xaquín Lorenzo Fernández, 97. No orixinal: tua.. Meu meniño, durme, durme,/ que teño que ir amasar,/ durme logo, queridiño,/ que te quero ir deitar Xaquín Lorenzo Fernández, 97.. Meu meniño, durme, durme,/ que teño que ir ó muíño,/ teño que ir pola fariña/ para fague-lo panciño Xaquín Lorenzo Fernández, 97. No orixinal: muiño, faguelo.. Miña comadre Pelonia, / veño a que me preste un pan. / Meu compadre escaravello, / ¿logo que fixo no vran? Miña nai como é moi probe/ non tiña pan que me dar,/ encheume a cara de bicos,/ despois rompeu a chorar Álvaro das Casas, en Nós 95, 15.11.1931, 217.. Miña nai, cando peneira,/ bate cos pés no sobrado,/ dime que non quere xenro/ i eu xa llo teño buscado Xaquín Lorenzo Fernández, 98.. Miña nai, cando peneira,/ báteme cunha variña;/ dime que fuxa dos homes/ coma o gato da sardiña . Miña nai, miña naiciña,/ non hai outra como a miña,/ que non comía ela o pan/ por llo dar á súa filla Xaquín Lorenzo Fernández, 100. No orixinal: sua.. Miña nai por me casar/ pormeteume canto tiña;/ dende que me viu casada/ deume o fol da fariña Xaquín Lorenzo Fernández, 100.. Mozas que van á seitura,/ mozas que á seitura van,/ mozas que van á seitura,/ lévanna e non a tran Xaquín Lorenzo Fernández, 106. No orixinal: nona.. Non botes leña no forno,/ se é que xa quente estivere,/ Non rifes, muller, co home,/ cando por algo se altere Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n'o forno, s'è que ja, estivère, mullèr, c'o home, s'altere.. Non chores meu irmauciño/ que a naíña está a chegar:/ foi pola fariña ao muíño/ e non nos ha de tardar Xaquín Lorenzo Fernández, 109. No orixinal: muiño.. Non chores meu pequeniño/ que a naiciña está a chegar:/ foi pola fariña ao muíño/ e teu pai foille asubiar Xaquín Lorenzo Fernández, 109. No orixinal: muiño. Irlle a asubiar a alguén ten a intención de darlle ánimos cando anda de noite polos camiños.. O crego e maila criada/ botaron o pan no forno,/ e os pequenos lles dicían/ nanai, teta, papai, bolo Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No texto: mail-a, nanái, papái.. O crego e mais a criada/ ordenaron de cocer;/ tiñan a leña no monte/ e a fariña por moer J. Leite de Vasconcellos: Vozes gallegas (1845)..