O Eusko gudariak (orixinalmente "Euzko gudariak", que en galego se traduce como «soldados vascos») é unha canción tradicional vasca. Historia Foi escrita en 1932 por José María de Garate, entón presidente do Partido Nacionalista Vasco, baseándose na melodía de «Atzo Bilbon nengoen» (Onte estaba en Bilbao), unha canción tradicional arabesa. A letra foi modificada durante a guerra civil por Alejandro Lizaso EizmendiMorto na guerra en 1936 . que lle engadiu a estrofa final para darlle un aire máis triunfante e combativo.

Durante a guerra civil e o período de ditadura franquista adquiriu status de himno do País Vasco, aínda que o goberno Vasco de 1936 designara a melodía de Eusko Abendaren Ereserkia como tal. En 1983, cando se instituíron a bandeira e himno oficial da comunidade autónoma do País Vasco o Eusko Gudariak foi unha das melodías que se barallou para realizar esa función (as outras eran Gernikako arbola e o Eusko Abendaren Ereserkia (melodía do Gora ta gora) que finalmente foi o elixido). De todos os xeitos o Eusko gudariak segue estando considerado por algúns sectores da sociedade vasca, particularmente os vinculados á esquerda abertzale, como himno vasco e úsase deste xeito nos seus actos oficiais.

A canción foi publicada en discos por coros e grupos como Pantxoa eta Peio ou unicamente coa súa música, como é o caso da edición de cancións da república e da guerra, como o título publicado en 1982 polo PSOE A Internacional.

Incidentes de Guernica O 5 de febreiro de 1981, un grupo de máis de 30 representantes electos de Herri Batasuna cantou o «Eusko Gudariak» durante a visita do Rei Xoán Carlos I á Casa de Xuntas de Gernika, no que foi a súa primeira viaxe oficial ao País Vasco desde que foi coroado. Cando o Rei estaba realizando o seu discurso, os deputados abertzales interrompérono cantando, co puño no alto, o «Eusko Gudariak». O resto de deputados intentou acalalos con aplausos cara ao monarcaPatricia (2000), Un rei golpe a golpe, Arakatzen, pp. 176-179. ISBN 84-95659-10-7, ata que, finalmente, foron sacados limpamente pola Ertzaintza, sen o menor incidente destacable, da Casa de Xuntas.

Letra da versión de Alejandro Lizaso Eizmendi

Eusko Gudariak gara Euskadi askatzeko, gerturik daukagu odola bere aldez emateko.

Irrintzi bat entzun da mendi tontorrean goazen gudari danok Ikurriñan atzean.

Faxistak datoz eta Euskadi da altxatzen. Goazen gudari danok gure aberria askatzen.

Eusko Gudariak gara Euskadi askatzeko, gerturik daukagu odola bere aldez emateko. Somos soldados vascos para ceibar Euskadi, temos preparado o sangue para dalo por ela.

Sentiuse un irrintzi no cumio do monte: Imos todos os soldados detrás da Ikurriña!

Contra os fascistas érguese Euskadi. Imos todos os soldados, ceibar a patria!

Somos soldados vascos para ceibar Euskadi, temos preparado o sangue para dalo por ela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20070926223841/http://www.nodo50.org/cjcvalladolid/audio4.htm

Categoría:Composicións musicais de José María de Garate Categoría:Composicións musicais de Alejandro Lizaso Eizmendi Categoría:Composicións musicais do século XX Categoría:Composicións musicais no dominio público Categoría:Composicións musicais de temática nacionalista Categoría:Himnos Categoría:Composicións musicais de música popular Categoría:Cancións da guerra civil española