O recoñecemento que outorgan as institucións cara ao éuscaro varía dunha comunidade a outra, no País Vasco é oficial en todo o territorio mentres que en Navarra só na zona vascófona e mixta; este feito creou distintas formas no sistema educativo.
Modelos educativos do País Vasco Modelo A: todo en castelán exceptuando a materia de éuscaro. Modelo B: unha parte das materias en éuscaro e a outra parte en castelán. Modelo D: todas as materias en éuscaro excepto a de lingua castelá. Modelo X : todas as materias en castelán sen materia de éuscaro.
Os datos oficiais do curso 2006-2007 dan un total dun 22,4% para o modelo A (maioritariamente en castelán), un 23,3% para o B e un 54,2 para o D (integramente en éuscaro).Páx 9 Táboa E1.7. Distribución porcentual do alumnado do País Vasco por modelo lingüístico en que cursa o ensino
Segundo datos oficiais, no ámbito da educación infantil para o curso 2006 - 2007, o 68% das matriculacións foron para cursar en éuscaro, o 25% en bilingüe mentres que un 5,2% o foron para cursar en castelán.
En canto a todos os cursos de educación obrigatoria (datos de 2006), as matriculacións realizadas, o 52,3% das matriculacións foron no modelo D, é dicir, integramente en éuscaro, o 23,4% en bilingüe mentres que no modelo A, en castelán coa materia de éuscaro, inscribíronse o 24,4% dos alumnos vascos. En canto ao modelo X, a oferta redúcese soamente a zonas de Biscaia non alcanza o 1% do alumnado do territorio .
En canto a idades máis temperás, en garderías chégase ao 90% no modelo D (todo en éuscaro) en cambio en bacharelato, un 53,7% faio no modelo A relegando o modelo D ao 44,1% do total.
Na Formación profesional, os últimos datos reflicten que tan só un 13,3% do alumnado cursa ciclos formativos totalmente en éuscaro. No campo universitario público, só un 21% do alumnado imparte algunha materia en éuscaro.
Durante o 2005 realizáronse diversos debates do modelo de ensino D posto que; polo menos un 30% dos alumnos deste modelo, en 4º de ESO, non conseguen ter o dominio suficiente do éuscaro para obter un certificado de calidade no idioma.
Por territorios Por tipo de colexios e territorios históricos a distribución distínguese do seguinte xeito; en Áraba os modelos A e D teñen niveis parellos de matriculación nos colexios públicos, con todo, nos privados o modelo A triplica ao D. En Biscaia os modelos A e D tamén teñen matriculacións similares sendo algo maior o D no ámbito público e no privado o A. Mentres en Guipúscoa tanto en colexios públicos como privados o modelo D (toda a materia en éuscaro) é o modelo máis ofertado polos centros educativos, o 82%.
Modelos educativos de Navarra Modelo A: todo en castelán exceptuando a materia de éuscaro. Modelo B: unha parte das materias en éuscaro e a outra parte en castelán. Modelo D: todas as materias en éuscaro excepto a de lingua castelá. Modelo G: todo en castelán e sen materia de éuscaro. Modelo British En Navarra, o éuscaro (modelos B e D), acapara ao 24% do alumnado. O resto faio entre os modelos A (19%), G (56%) e British (1%) segundo datos oficiais do curso 2007-2008 . En FP chega ao 2,3% a cantidade de matriculados no modelo D, dada a escaseza de ofertas en éuscaro, problema que tamén sofre o ensino obrigatorio.
Ensino no País Vasco Francés No País Vasco Francés, os alumnos matriculados en ensino vasco para o ano 2006 son o 15,9% do alumnado. Hai que ter en conta que o éuscaro carece de oficialidade no estado francés e o ensino en éuscaro soamente impártese en ikastolas (escola que ten por misión a promoción dunha escola vascófona), centros educativos que non reciben subvención algunha por parte das institucións galas.
Ligazóns externas As linguas españolas no sistema educativo, na web do Consello Escolar do Estado.
Categoría:Lingua éuscara Categoría:Ensino en España Categoría:Ensino en Francia