miniatura|300px|Acios de uva para a elaboración do chacolí, nun camiño entre Getaria e Zarautz O chacolí (do éuscaro txakolin) é unha bebida alcohólica producida a partir de uvas verdes, o que provoca unha certa acidez. As variedades cultivadas son a Hondarribi zuri e a Hondarribi beltza (esta última moito menos estendida). Lixeiramente carbonatado, cunha gradación alcohólica duns 10'5-12º vol. A maior produción céntrase no País Vasco, especialmente nas adegas das localidades costeiras de Getaria e Zarautz, ambas as pertencentes á Denominación de Orixe Getariako Txakolina.
Produción A produción é principalmente de viño branco, aínda que en menor cantidade tamén se producen rosados e tintos. A cor do viño branco é amarelo pálido; en nariz denota intensos aromas a cítricos, herbas e flores; en boca é fresco, lixeiramente acedo e fácil de beber, ten que servirse fresco.
Outrora o chacolí era producido en casaríos ou casas de campo de xeito artesanal, antes de consumilo escanciábase como se lle fai á sidra natural actualmente, isto é debido a que antigamente non se filtraba nin clarificaba. Nos últimos anos varias adegas empezaron a estudar e mellorar a súa elaboración para conseguir mellor gusto e aromas, obtendo viños cun sabor moi satisfactorio.
A súa produción non é moi ampla e é consumido principalmente no País Vasco, A Rioxa, Navarra e Miranda de Ebro estendéndose aos poucos a outras zonas grazas á restauración, aínda que antigamente tamén era producido en zonas de Cantabria e Burgos.
Denominacións Bizkaiko Txakolina: Denominación de Biscaia. Principalmente en Bakio e Balmaseda. Getariako Txakolina: Denominación de Getaria (Guipúscoa). Principalmente en Getaria, Zarautz e Aia. Arabako Txakolina: Denominación de Álava. No Vale de Ayala. Costa de Cantabria: Indicación Xeográfica onde o chacolí de Cantabria está incluído. Val de Mena: Produtor de chacolí desde hai séculos pero aínda sen Denominación de Orixe Cualificada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Chacolí de Álava Chacolí de Biscaia Chacolí do Getaria Tenda oficial das DOs de Euskadi
Categoría:Gastronomía de Cantabria Categoría:Gastronomía do País Vasco