dereita|miniatura|Localización do intestino groso no abdome O intestino groso (do latín intestinum crassum) é a última porción do tubo dixestivo dos vertebrados. Nel absórbese a auga e o resto dos materiais almacénanse como feces antes de ser eliminadas mediante a defecación. O intestino groso está formado polo cego, o colon e o recto. Algunhas fontes inclúen tamén o canal anal. O intestino delgado únese ó intestino groso no abdome inferior dereito a través da válvula ileocecal.
A diferenza máis obvia co intestino delgado é que é máis ancho e que presenta unha capa muscular lonxitudinal que se reduce a tres estruturas en forma de correa, duns 5 milímetros de anchura, coñecidas como taeniae coli, que empezan na base do apéndice e esténdense desde o cego até o recto. A capa mucosa da súa parede está formada por epitelio columnar simple e, no canto de ter as vellosidades do intestino delgado, o intestino groso presenta criptas intestinais. A pesar de que os dous intestinos teñen células en forma de cáliz, no intestino groso son máis numerosas. A serosa externa é outra capa de tecido conectivo moi delgada que se continúa focalmente co peritoneo.
Desde o intestino delgado, os poucos nutrientes que non foron dixeridos previamente, e parte da auga, pasan ao intestino groso a través dun anel muscular (válvula ileocecal) que impide que os alimentos volvan ao intestino delgado. O intestino groso necesita de 10 a 12 horas para finalizar o resto do proceso. Nesta fase, os alimentos xa non se seguen procesando; o intestino groso simplemente absorbe as vitaminas creadas polas bacterias que habitan o colon e a auga restante, compacta os excrementos e almacena a materia fecal no recto ata que sexa eliminada polo ano.
O apéndice, que está unido á superficie posteromedial do intestino groso, contén masas de tecido linfoide cunha actividade inmunolóxica similar á das placas de Peyer da tripa delgada. A apendicite é o resultado dun bloqueo que atrapa material infectado na cavidade, pero o apéndice, aínda que é necesario, pódese extirpar sen ningún perigo nin consecuencia para o paciente, posto que é unha estrutura vestixial (unha remanente da evolución) e hoxe en día a súa ausencia non altera significativamente a función dixestiva. Anatomía do intestino groso nos humanos O intestino groso é un tubo baleiro e alongado de aproximadamente un metro e medio de lonxitude, con movemento peristáltico grazas ao seu músculo liso. O intestino delgado únese ao intestino groso ao abdome inferior dereito a través da papila ilea. Localización e estrutura O intestino groso atópase principalmente dentro da cavidade abdominal, onde rodea as asas do intestino delgado. Na maioría das persoas, comeza na parte inferior dereita do abdome, onde o intestino delgado unese lateralmente a el, formando a válvula ileocecal (tamén coñecida como válvula de Bauhin). Debaixo desta unión, o intestino groso remata cego; en consecuencia, esta sección chámase cego. No seu extremo, o cego estreitase para formar o apéndice (apéndice vermiforme), cuxa posición é moi variable.
Por riba da válvula ileocecal comeza o colon (do latín cōlon , do grego antigo κῶλον kōlon , que significa "intestino, salchicha"Wilhelm Gemoll, Karl Vretska: Griechisch-Deutsches Schul- und Handwörterbuch. 9. Auflage. Hölder-Pichler-Tempsky, Wien; R. Oldenbourg, Múnic 1991, ISBN 3-209-00108-1.Friedrich Kluge: Etymologisches Wörterbuch der deutschen Sprache. 24., durchgesehene und erweiterte Auflage. Walter de Gruyter, Berlín 2002, s. v. Kolik, Etymologie.Kolon. Duden.de; Consultado o 17 de xuño de 2019.), que ascende ata debaixo do fígado (colon ascendente), dóbrase cara á esquerda debaixo do fígado (flexura cólica dereita) e corre transversalmente a través da cavidade abdominal ata o abdome superior esquerdo (colon transverso). Aquí dóbrase de novo (flexura cólica esquerda) e descende ata a pelve (colon descendente), onde logo posteriormente corre en forma de S (dorsalmente) ata o sacro (colon sigmoide). Alí dóbrase cara abaixo (caudalmente). Alí remata e fai a transición ao recto, que se divide no ano e no conduto anal.Gerhard Aumüller et al.: Anatomie, 2. Auflage. Georg Thieme Verlag, Stuttgart 2010, ISBN 978-3-13-152862-9, S. 636 f.
miniatura|upright|Apéndice vermiforme miniatura|upright|Sección da parede colónica. Microscopio óptico. 40X. Tinguidura de HE. O colon consta de catro seccións: Colon ascendente. É a primeira sección e empeza na área de unión co intestino delgado. O colon ascendente esténdese cara arriba polo lado dereito do abdome e ten unha lonxitude duns 12-15 cm. Colon transverso. É a segunda sección e esténdese a través do abdome ao lado dereito cara ao lado esquerdo. Os seus dous extremos forman dous recodos que se chaman: recodo #cólico dereito, sendo a unión do colon ascendente co colon transverso. recodo #cólico esquerda, sendo a unión do colon transverso co colon descendente. Colon descendente. É a terceira sección e continúa cara abaixo polo lado esquerdo. Colon sigmoideo. É a cuarta sección e denomínase así pola forma de S. O colon sigmoideo únese ao recto, e este desemboca na canle anal
O intestino groso procede embrioloxicamente da parte da asa intestinal primitiva que ten un menor número de recodos. Ao completar o intestino á décima semana de xestación un xiro positivo de 270° (contrario ás agullas do reloxo) ao redor do eixo do arteria mesentérica superior, o comezo do intestino groso sitúase á fosa ilíaca dereita de forma definitiva. Tendo en conta que existe un punto fixo, a cloaca primitiva —que posteriormente dará lugar ao ano-, o percorrido que fai o intestino primitivo debuxa perfectamente a futura estrutura colónica do adulto. A estrutura colónica enmarca as asas do xexuno e o íleo, que son inframesocólicas.
Porcións do intestino groso miniatura|200px|Vista en 3D do intestino groso xerada mediante tomografía computadorizada. Cego e válvula ileocecal: o cego é a primeira porción do intestino groso. É case sempre intraperitoneal. Na súa continuación a colon ascendente pasa de intra a retroperitoneal. Por iso forma uns recesos no arranque do mesoapéndice e unión ileocecal. A válvula ileocecal está no sitio polo que o íleo terminal vai desembocar no cego. Esta desembocadura realízase por medio dunha abertura lonxitudinal rodeada de músculo circular (o lonxitudinal continúase directamente co colon ascendente e o cego). A súa función é posiblemente atrasar o progreso do contido intestinal cara ó intestino groso. Apéndice vermiforme: É un divertículo que aparece no intestino primitivo, sumamente infiltrado por células linfoides. A súa lonxitude é variable (2–15 cm, como media 9 cm), así como a súa posición no abdome (ventromedial ó cego, retrocecal, subhepático etc.), que depende en gran medida da amplitude do mesoapéndice. É de grande interese diagnóstico pola frecuencia coa que se inflama, dando lugar á apendicite. Colon ascendente: Esténdese desde o cego ata o ángulo hepático do colon (impresión cólica na cara inferior do fígado, formándose o ligamento hepatocólico). Relaciónase coas asas de intestino delgado, ril dereito, e segunda porción do duodeno, ademais das estruturas musculares da parede posterior: psoas, cadrado lumbar, transverso do abdome, nervio femoral, cutáneo femoral lateral, ilio-hipogástrico, ilio-inguinal e xénito femoral: vasos gonadais, arteria ilíaca interna e óso ilíaco completan as relacións. Nos ruminantes, o colon ascendente coñécese como colon espiral. Colon transverso: Do ángulo hepático ó esplénico do colon. Retido polo mesocolon transverso. O seu bordo de inserción pasa ó longo da cabeza e corpo do páncreas. A súa fusión co omento (epíploon) maior determina as súas relacións anatómicas: fígado, estómago, segunda porción do duodeno, páncreas, transcavidade dos epiplones, bazo. Un repregamento de peritoneo, o ligamento frenocólico une o músculo diafragma co ángulo esplénico do colon. Colon descendente e sigmoide: Posúe unhas relacións moi parecidas ás do colon ascendente en canto á parede abdominal. Progresivamente inclínase cara á liña media para continuarse co colon sigmoide, especie de "S" que fai o colon antes de continuarse co recto a nivel de S3. O colon sigmoide ten o seu mesocolon, con vértice cara á bifurcación da arteria ilíaca primitiva esquerda. De aí se bifurca en dous partes para cada unha das curvas do colon sigmoide. O mesocolon sigmoide relaciónase por detrás con órganos da cavidade pelviana, o uréter, o músculo piriforme e a arteria ilíaca interna. Recto: É a parte final musculosa, que expulsa as feces. Nos humanos mide arredor de 12 cm.
As partes do colon son ben intraperitoneais ou ben están detrás do retroperitoneo. Os órganos retroperitoneais, en xeral, non teñen unha cobertura completa de peritoneo, polo que están fixos no lugar. Os órganos intraperitoneais están completamente rodeados do peritoneo e, polo tanto, son móbiles. Do colon, o colon ascendente, o colon descendente e o recto son retroperitoneais, mentres que o cego, o apéndice, o colon transverso e o colon sigmoide son intraperitoneais. Isto é importante xa que afecta a que órganos se pode acceder mais facilmente durante a cirurxía, como por medio dunha laparotomía.
En termos de diámetro, o cego é o máis largo, cunha media de algo menos de 9 cm en individuos sans e o colon transverso ten menos de 6 cm de diámetro. O colons descendente e sigmoide son lixeiramente máis pequenos, cun diámetro medio de 4-5 cm de diámetro. Os diámetros maiores que certos limiares para cada sección de colons poden ser diagnosticados como megacolon.
Desenvolvemento O intestino groso empeza a desenvolverse na fase inicial da xestación. O seu ritmo de crecemento é bastante lineal. Logra unha medida de 5 cm na duodécima semana de embarazo, 10 cm na décimo cuarta, 15 cm na décimo setima e 20 cm na vixésima, e continúa crecendo ata un tamaño medio de 66 cm ao momento do nacemento, momento no que a súa anchura mediana é de 1,7 cm no cego e 1,0 cm no resto. Entre o nacemento e a idade adulta, o intestino groso medra ata medir uns 180 cm e as criptas de Lieberkühn (que son as responsables de segregar enzimas dixestivas) aumentan de tamaño e, sobre todo, de número. Embrioloxía O intestino groso procede embrioloxicamente da parte da asa intestinal primitiva que sofre menor número de flexuras. Ó completar o intestino un xiro positivo de 270° (contrario ás agullas do reloxo) en torno ó eixo da arteria mesentérica superior, o comezo do intestino groso atópase na fosa ilíaca dereita. Tendo en conta que existe un punto fixo (a cloaca primitiva que posteriormente orixinará o ano), o percorrido que fai o intestino primitivo debuxa perfectamente o futuro marco cólico do adulto. O marco cólico encadra as asas xexunais e ileais, que teñen situación inframesocólica. Función Tras unhas dúas horas dende a inxestión, o quimo chega ao intestino groso onde xa non é procesado. Nesta última etapa da dixestión, o intestino groso limítase a absorber os minerais, a auga e as vitaminas (K e B12) que son liberadas polas bacterias que habitan no colon. Aquí libérase metano en forma gasosa cando converte o amidón e os seus derivados en glicosa para ser absorbida. Gran parte do metano gasoso é absorbido en forma de cadeas de ácidos graxos ou expulsado.
O intestino groso tamén compacta as feces e almacena a materia fecal no recto ata que é expulsada a través do ano.
Topografía do intestino groso