Fernando é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán, co italiano e co portugués. De orixe xermana, provén do godo, Firthunands, Firthu quere dicir "paz", que en alemán é Friede e nands, que significa audaz. Unha tradución sería "O que se atreve a todo con tal de conservar a paz". O nome é moi común en países onde se estabeleceron os visigodos. En galego tamén ten a forma curta Fernán, usada na Idade Media cando ía acompañada do patronímico ou do alcume (como Fernán Pérez de Traba) e os hipocorísticos Nando, Nano e Fer.
En xaneiro de 2023 existían 12.222 varóns en Galicia co nome Fernando, cunha media de idade de 53,1 anos.Nome Fernando na Web do Instituto Galego de Estatística
Fernando noutras linguas Alemán: Ferdinand Aragonés: Ferrán, FerrandoEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Hernando / Fernando Catalán: Ferran Éuscaro: Errando / Fernando / Ferran Francés: Ferrand/ Fernand / Ferdinand Godo: Fridunath Húngaro: Nándor Inglés: Ferdinand Italiano: Fernando / Ferdinando Polaco: Ferdynand Portugués: Fernão / Fernando
Santoral 30 de maio Santo Fernando, patrón dos enxeñeiros.
Personalidades Aristocracia (reis) Fernando I de Castela Fernando II de León Fernando III de Castela Fernando IV de Castela Fernando o Católico Fernando VI Fernando VII
Personaxes co nome
Fernando Lázaro Carreter filólogo e membro da Real Academia Fernando Alonso piloto de fórmula 1 Fernando Morientes xogador de fútbol Fernando Esteso humorista e actor de cine Hernán Crespo Rio Ferdinand Fernando Chocobar Fernando Redondo xogador de fútbol Fernando Rosales Ortuño Fernando Valenzuela Hernán Cortés firmaba as súas cartas como Fernán Cortés Fernando Santos adestrador de fútbol Fernando Montalbán escritor Fernán de Magallanes mariño Ferdinand Porsche Ferdinand de Saussure Fernando González Ciuffardi Fernando Fernán Gómez actor de cine Ferdinand de Lesseps Fernando Torres xogador de fútbol Fernando Ponce de León Fernando Romay Fernando Ubiergo Fernando Gómez Fernando J. Recci
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos italianos Categoría:Nomes masculinos portugueses