Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artisticamente como Xil Ríos, nado en Moaña en 1948,"Xil Ríos" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada é un cantante, compositor e cantautor galego.

Traxectoria Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival Dorna de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet, co tema "Un anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata o problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como o rapsoda de Moaña.

Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", vetado na televisión española durante o franquismo debido á súa temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.

En 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacar o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, contemporáneo doutros autores como o colectivo Voces Ceibes.

En 2004 publica o disco Vai e vén, que constitúe o seu maior achegamento ao folk. Nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía.

En 2008 2001 Producciones Artísticas SL elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, unha escolma simbólica da súa traxectoria.

O traballo Son da Alma (2010) explora a fusión entre os ritmos latinos e a música tradicional galega. Nel colaboran músicos do talle de Willy Mondeja.

Vida persoal Ademais da vertente musical, Xil Ríos traballou como hostaleiro na súa localidade natal, Moaña. Foi futbolista moitos anos e chegou a presidente do Moaña F.C..

Publicacións musicais Sinxelos Un anaco de pan / A parranda (1972) Nosa Galicia / A os meus amigos (1972) Miña Maruxiña / El viento canta conmigo (1973) A figueira / Así es la tierra mía (1973) Vamos a beillar / Miña nena (1974) Os mariñeiros / El pregonero (1974) Miña rapaciña / Galeguiños (1975) Nunca cambiarás / Querida mía (1976) Trouleada / Outono (1979) Xirarei / O San Blas (1980) Giraré (Xirarei) / Mar adentro (Mar adiante) (1980) A rapaciña galega / Vello compañeiro (1980) Tan ta ran tan / Cantiga de cegos (1981) Rapaciña bonita / Miña compañeira (1985) De carallada / Morena (1987)

Álbums de estudio Xil Ríos (1974) Xirarei (1980) Tan ta ran tan (1981) Rapaciña bonita(1985) De carallada (1987) Ledicia (1988) Nosa Galicia (1991) Romería galega (1992) Que non decaia (1992) Ai María, María (1992) Baila (1995) O mellor de Xil Ríos (1996) Meu país (1999) Que non decaia (2003) Vai e vén (2004) O mellor de Xil Ríos. Vol. II (2005) 15 cancións de ouro de Xil Ríos (2008) Son da alma (2010) Xil Ríos. Pack 2x1 (2013)

Selección das publicacións colectivas Los mejores cantantes gallegos (1974) Recordo de Galicia (1975) Cancionero popular gallego (1989) Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992) A gran escolma da música galega. Solistas (1993) Así é a miña terra (1999)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Xil Ríos Entrevista co gallo do lanzamento do disco Son da alma (PAI Música 2010) Videoclip do tema Xa caerá, disco Son da alma (PAI Música 2010) Consello da Cultura Crítica do disco Que non decaia en La voz de Galicia Intervención de Xil Ríos como orador no acto "Arte na illa": Interpretación na TVG do tema "Xirarei" Xil Ríos en discogs.com

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Cantautores Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1948 Categoría:Cantantes en lingua galega