miniatura|dereita|230px|Giambologna, retrato por Hendrick Goltzius Giambologna, sobrenome italianizado de Jean de Boulogne, nado en Douai en 1529O seu nacemento sitúase xa no c. 1524; véxase Lawrence Gowing, ed., Biographical Encyclopedia of Artists, v.2 (Facts on File, 2005): 257. e finado en Florencia en 1608, foi un escultor flamengo, que traballou en Italia, especialmente en Florencia. En España foi coñecido, en tempos como Juan de Bolonia.

Traxectoria Formado no seu país, Flandres, na cidade de Anveres, no obradoiro do escultor Jacques Dubroeucq,R. Wellens, Jacques du Broeucq, sculpteur et architecte de la renaissance (Brussels) 1962 no 1550 marchou para Roma, con obxectivo de estudar as estatuas antigas conservadas en coleccións privadas e máis as obras de Miguelánxelo. Precisamente o contacto coa arte do grande artista italiano fixo desenvolver no mozo flamengo a propensión a representacións de figuras con forte tensión dinámica.

Á volta da súa viaxe, Giambologna detívose en Florencia, sendo hospedado polo mecenas Bernardo Vecchietti. Nesta cidade estudou as esculturas de Tribolo e dr Pierino da Vinci e foi presentado por Vecchietti na corte de Francesco I de' Medici.

Nos primeiros anos de traballo para os Medici, que lle pagaron un salario mensual desde 1561, Giambologna realizou esculturas para espectáculos públicos e mais obras de pequeno tamaño, en mármore e bronce, para coleccións.

Logo de participar no concurso para a Fonte de Neptuno na Praza da Signoria (gañado por Ammannati), realizou a súa primeira obra de notábeis dimensións Sansón e un filisteo.

Outras cidades italianas confiáronlle importantes comandas públicas, tales Lucca, Xénova e Boloña.

Il Giambologna foi o máis importante dos escultores da época do maneirismo e o grande legado que deixou na cidade de Florencia fixo que a súa maneira fose seguida bastante tempo despois da súa morte.

Obras (selección) miniatura|dereita|160px|Mercurio, Louvre, París Sansón e un filisteo (ca. 1562-67), Victoria and Albert Museum, Londres; Mercurio (1563), Museo Cívico, Boloña; Fonte de Neptuno (1563-1566) Boloña, Praza Maior; Simio (1570), Louvre, París; Psiche (nomeada tamén Betsabé), (1571-73), Museo Paul Getty, Os Ánxeles; Fonte de Océano (1575), Florencia; Neso e Deianira (1576), Louvre, París; Rapto das Sabinas (1574-80), Loggia dei Lanzi, Florencia; Marte (1565-70), Hall e Knight, Nova York; San Xoán Bautista (1579-1589) Capela Salviati, San Marco, Florencia; Mercurio (1580), Bargello, Florencia; O anano Morgante e o un monstro mariño (1582), Bargello, Florencia; Estatua ecuestre de Cosimo I (1587-94), Praza da Signoria, Florencia; Xustiza (1579-90), Galería Nacional do Palazzo Spinola, Xénova; Rapto dunha Sabina (1579), Museo de Capodimonte, Nápoles; Hércules e o centauro Neso (1599), Loggia dei Lanzi, Florencia; Touro (1580-1600), Rijksmuseum, Ámsterdam.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía A. Rudigier, B. Truyols: Giambologna. Court Sculptor to Ferdinando I. His art, his style and the Medici gifts to Henri IV, Londres, 2019, . Gloria Fossi, et al., Italian Art, Florencia, Giunti Gruppo Editoriale, 2000, . Giambologna, 1529–1608: sculptor to the Medici: an exhibition organised by the Arts Council of Great Britain etc., catálogo editado por Charles Avery e Anthony Radcliffe. Londres, Arts Council of Great Britain, 1978, .

Giambologna Categoría:Nados en 1529 Categoría:Finados en 1608 Categoría:Nados en Douai Categoría:Escultores do século XVII Categoría:Escultores de Francia