Manuel Pardo de Andrade, nado no pazo de Xaz (Dorneda, Oleiros) o 21 de novembro de 1760 e finado en Francia en maio de 1832, foi un intelectual liberal e crego coñecido polos seus escritos tanto literarios como xornalísticos.

Traxectoria Era o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto. miniatura| Pazo de Xaz (Dorneda), residencia de Manuel Pardo de Andrade. Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Os rogos dun gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor. En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo Acerto para que libre a Terra da Inquisición.Rogos de un escolar gallego a Virxê do Bo Acerto para que libre a terra da Inquisición en Galiciana. Biblioteca de Galicia.

En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio liberal. Mais en 1823, após a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do restablecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1832.

Biblioteca virtual

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Papeis condenados textos publicados en lingua galega no pregaleguismo . Consello da Cultura Galega.

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1762 Categoría:Finados en 1823