O falcón peregrino (Falco peregrinus) é un falcón de talle medio, máis ou menos o dun corvo grande. É, se cadra, a ave do mundo cunha área de distribución máis ampla, que abrangue tódolos continentes agás a Antártida. Están especializados na caza de aves, que capturan no ar e que constitúen case as súas únicas presas.
Descrición Os adultos son de cor gris azulada escura pola parte superior. A inferior ten coloracións que van do branco ó crema, en xeral con bandas transversais escuras. A parte anterior da gorxa e a superior do papo teñen manchas ou raias máis ou menos mestas. É característico da especie o bigote negro que destaca claramente sobre da gorxa branca; tamén é negra a parte superior da cabeza. O iris dos ollos é castaño escuro, a cera do pico, o anel ocular e as patas son amarelas e as unllas, negras.
A coloración de machos e femias é semellante, pero estas últimas son claramente máis grandes. Un macho pequeno mide uns 35 cm de lonxitude e ten unha envergadura de ás de 79 cm, mentres que as femias máis grandes miden ata 51 cm de lonxitude e ata 114 cm de punta a punta de ala. En Centroeuropa os machos pesan 550-750 g e as femias 740-1300 g; estas medidas convértenos nun dos falcóns de maior tamaño, só superado polo falcón sacre e o falcón albar.
Os exemplares novos diferéncianse dabondo dos adultos. Teñen a parte superior do corpo castaña preta e tódalas plumas cobertoiras teñen unha beira castaña clara. A parte inferior, de fondo castaño avermellado, está atravesada por listas castañas escuras. A marca facial é menos marcada cá nos adultos e destaca menos nos lados castaños da cabeza. Patas, aneis oculares e cera do bico son grises. Cambian á plumaxe adulta cando teñen ó redor do ano. No outono do seu segundo ano de vida xa non se distinguen dos adultos.
A súa silueta cando voan é a típica da familia: un torso forte, cabeza grande, ás relativamente longas, apuntadas e de aspecto triangular e cola de lonxitude media algo arredondada. A recoñecelo axudan a parte inferior escura e a inferior clara e barrada, e a barba visible a distancias considerablemente afastadas.
miniatura|Silueta en voo miniatura|Silueta en voo
Identificación sonora Sen seren aves particularmente ruidosas, déixanse oír frecuentemente cando están preto do niño. O chío de cortexo, que emiten cando o macho presenta presas á femia, é tamén ben audible. En casos de moita excitación repíteno cunha cadencia máis rápida. Cando se senten molestados deixan oír un son agudo, áspero e penetrante (Exemplo de voz). En caso de intromisións máis graves, este son sobe de frecuencia, e é emitido polo falcón mentres voa en círculos sobre o niño.
Distribución e hábitat O único continente no que faltan é, como se mencionou, a Antártida. Colonizaron case tódalas grandes illas, agás as do Caribe e Nova Zelandia. A súa ampla distribución estaría relacionada co seu carácter pouco esixente á hora de escoller espazos vitais. As condicións requiridas limítanse á dispoñibilidade de lugares de cría protexidos e áreas despexadas cunha suficiente oferta de aves para cazar en zonas de clima non moi quente.
Na parte meirande da súa área de distribución crían e acantilados. Só nalgunhas rexións do oeste e centro de Europa, o oeste de Norteamérica e parte de Australia viven en bosques pechados, onde crían en niños abandonados doutras aves de rapina situados en árbores altas. Nalgunhas rexións coma na área do Báltico e norte de Escandinavias e Finlandia, fan tamén niños no chan. Están ausentes dos bosque tropicais das terras baixas de Suramérica e Áfricas e das estepas asiáticas. Evitan tamén as zonas áridas de América, África e a Australia interior.
Nalgunhas zonas, singularmente Europa e Norteamérica, colonizaron nos últimos decenios grandes edificios en cidades e áreas industriais. Fora da época reprodutora aparecen en paisaxes máis variadas sempre que sexan ricas en aves, incluíndo costas mariñas e grandes áreas húmidas.
Sistemática Sistemática interna Os falcóns peregrinos amosan unha clara tendencia a aumentaren de tamaño canto máis ó norte viven. Ademais, os exemplares que viven en climas máis húmidos teñen tendencia a ter plumaxes máis escuras. A delimitación das subespecies non é doada, e provoca intensas discusións entre os científicos. O paso dunha subespecie implícaa decotío a presenza de individuos intermedios. Dependendo dos estudosos o número e a delimitación xeográfica das especie varía. A clasificación a seguir baséase na realizada por Ratcliffe (1993), que distingue 19 subespecies:
Falco peregrinus peregrinus Tunstall, 1771 - inclúe brevirostris, germanicus, rhenanus, riphaeus: A forma tipo ou nominativa, que cría en boa parte da Eurasia temperada entre a tundra polo norte e os Pireneos, a rexión do Mediterráneo e os Alpes En Europa son maioritariamente sedentarios, e |migratorios en Asia. Os machos pesan entre 580 e 750 g, as femias 925-1,300 g- Falco peregrinus japonensis Gmelin, 1788 - inclúe as subespecies kleinschmidti e pleskei. Do NE de Siberia a Kamchatka (posiblemente substituído na costa desta pola variedade pealei) e o Xapón. Semellante á forma nominativa. As poboacións xaponesas son sedentarias. Falco peregrinus calidus Latham, 1790 - antes leucogenys; inclúe caeruleiceps. Crían na tundra ártica eurasiática de Laponia ós ríos Yana e Indigirka, en Siberia. Migratorios, pasan o inverno tan ó sur coma na África subsahariana. Son máis pálidos cá forma tipo, especialmente por riba da cabeza. Os machos pesan entre 588 e 740 g., as femias 925-1,333 g. Falco peregrinus macropus Swainson, 1837 - falcón peregrino australiano, de Australia onde falta no suroeste. Sedentario. Semellante á subespecie brookei; algo máis pequeno e coa zona dos oídos completamente negra. Patas relativamente longas. Falco peregrinus peregrinator Sundevall, 1837 - falcón peregrino da India. Coñecido antes ás veces por Falco atriceps ou Falco shaheen. Propio do sur de Asia. Dende o Paquistán a Sri Lanka e SE da China. Pequenos, escuros coas parte inferior do corpo castaña avermellada cun lixeiro barrado. Non migratorios. Falco peregrinus anatum Charles Lucien Bonaparte, 1838 - falcón peregrino americano , ou "Falcón dos patos". Localizado principalmente nas montañas Rochosas. Antes común en toda Norteamérica, dende a tundra ata o norte de México, onde se están a levar a cabo reintroducións. Os adultos, agás os que viven máis ó norte, crían e pasan o inverno nas mesmas rexións.
O falcón peregrino americano é algo máis pequeno cá forma típica. Os adultos son algo máis pálidos cós desta, mentres que as crías son máis escuras. O peso dos machos vai dos 500 ó 570 g, , o das femias é de 900-960 g.White (1994), Michigan Department of Natural Resources (2007) Falco peregrinus minor Bonaparte, 1850 - antes chamado perconfusus (Stresemann fide Vaurie 1961). Espallado de xeito disperso por boa parte da África ó sur do Sáhara, máis abundante en África do sur. Parece chegar ó norte da costa atlántica. Non migratorio. Pequeno e escuro Falco peregrinus radama Gustav Hartlaub, 1861, vive en Madagascar e as Comores. Non migratorio. Falco peregrinus brookei Richard Bowdler Sharpe, 1873 -falcon peregrino mediterráneo ou falcón' maltésCarlos V impuxo unha renda destas aves ós cabaleiros Orde de Malta cando lles doou a illa.. Inclúe a subespecies caucasicus e máis dos exemplares da subespecie proposta punicus. Viven dende a Península Ibérica pola conca mediterránea (agás en zonas áridas) ata o Cáucaso. Non emigran. Menores cá forma nominativa. Adoitan ter tons de ferruxe na parte inferior do corpo. Os machos pesan uns 445 g., as femias ata 920 g. Falco peregrinus cassini Sharpe, 1873 Inclúe a variedade kreyenborgi, (unha variedade moi clara, leucistica, do extremo sur de Suramérica, que foi considerada especie separada (Ellis & Peres Garat 1983)). Viven dende Ecuador (onde son moi locais) pasando por Bolivia, norte da Arxentina e Chile ata Tierra del Fuego e as Malvinas. Non son migratorios. Son semellantes á forma nominativa, pero algo menores e coa zona dos oídos negra.. A variedade. kreyenborgi a agrisada por riba, pouco barrada por embaixo e un debuxo da cabeza que recorda ó do falcón sacre, agás pola zona auricular branca. . Falco peregrinus pealei Ridgway, 1873. Inclúe rudolfi. Da zona do Pacífico NO. de Norteamérica, pasando polas illas Aleutianas ta a costa rusa do mar de Bering. A súa presenza nas illas Kuriles e Kamchatka non é segura. Non migratorios . É a raza meirande, cu peteiro moi ancho. Falco peregrinus ernesti Sharpe, 1894, cría dende Indonesia ás Filipinas e polo sur ata Papúa-Nova Guinea e o arquipélago de Bismarck. Moi escuro, coa área ocular negra e un denso barrado na parte inferior do corpo. Non emigran. Falco peregrinus submelanogenys Mathews, 1912 , do suroeste de Australia; sedentario. Falco peregrinus furuitii Momiyama, 1927. Das illas Ogasawara., ins 1000 km- ó sueste da illa xaponesa de Honshu. Non foi detectada dende 1945 malia unha busca exhaustiva en 1982, polo que podería esta extinguida. Era unfa raza escura semellante a subespecie pealei, pero aínda máis escura. Falco peregrinus nesiotes Mayr, 1941, das illas Fiji e probablemente tamén Vanuatu e Nova Caledonia. Sedentaria. Falco peregrinus madens Ripley & Watson, 1963 . Amosa unha certa diferenza de cores entre os sexos: os machos teñen tons avermellados na coroa, a caluga, a zona auricular e o lombo e tons rosados pola parte inferior do corpo; as femias teñen tons castaños por todo o corpo, sobre todo na coroa e na caluga. É endémica das illas de Cabo Verde . Falco peregrinus tundrius C.M. White, 1968, propia da tundra ártica de Norteamérica a Groenlandia . Pasan o inverno en Centro- e Suramérica. Os individuos americanos que aparecen esporadicamente por Europa, parecen corresponder máis deles a esta subespecie. É o equivalente americano da subespecie calidus; é máis pequena cá subespecie veciña anatum'. Moitos teñen unha fronte branca moi evidente e unha zona dos oídos con moita cor branca, pero a coroa e o "bigote" son moi escuros.
As dúas subespecies seguintes están en discusión, xa que son adscritas por algúns autores a unha especie independente o falcón de Berbería, tema que se discute máis abaixo no artigo. F. p. babylonicus P.L. Sclater, 1861: Das montañas de Irán central, Afganistán, sur do Himalaia ata a costa do Pacífico na China central. F. p. pelegrinoides: Temminck, 1829 do. Noroeste de Mauritania ata Tunisia), Exipto, Sudán), noroeste de Arabia, Israel e Siria.
A cuestión do falcón de Berbería O falcón de Berbería constitúe un problema taxonómico particular. Estas aves, propias de rexións áridas, espállanse dende as illas Canarias, o longo das beiras do Sáhara, polo Oriente Medio ata Asia central e Mongolia. Agás por unha mancha vermella no pescozo as diferenzas coa falcón peregrino típico limítanse a seguir a regra de Gloger. A distancia xenética con este é escasa segundo os estudos de ADN. As diferenzas de comportamento, ecoloxía e anatomía son. porén. claras. O falcón de Berbería amosa un xeito de voar peculiar, batendo só a parte exterior das ás; maneira de voar que os peregrinos típicos non practican con moita frecuencia (Snow et al. 1998). Os osos dos ombreiros e da pelve son máis grosos có dos peregrinos típicos e os pés máis pequenos (Vaurie, 1961), Poden producir híbridos fértiles cós peregrinos (a hibridación entre falcóns de especies separadas non é, porén, excepcional), pero esta situación non parece producirse na natureza ó non coincidiren as súas áreas de cría máis que en pequenas zonas. .Vaurie (1961), Helbig et al. (1994), Snow et al. (1998), Wink et al. (1998), Wink & Sauer-Gürth (2000), Wink et al. (2000), Wink et al. (2004)