O 3 de maio é o 123º día do ano do calendario gregoriano e o 124º nos anos bisestos. Quedan (242) días para finalizar o ano.
Acontecementos 1283 - No combate naval de Malta a escuadra aragonesa de Roger de Lauria derrota á francesa. 1494 - Cristovo Colón descobre Xamaica 1519 - Hernán Cortés comeza a conquista de México 1720 - En Suecia, Federico de Hesse é coroado rei. 1721 - Hans Egede, un misioneiro luterano noruegués, chamado o Apóstolo de Groenlandia, parte de Bergen (Noruega) para unha misión evanxelizadora nesta illa. 1814 - Napoleón é desterrado á illa de Elba 1923 - Realízase o primeiro voo en avión sen escalas cruzando Estados Unidos de costa a costa 1947 - Xapón convértese nunha monarquía constitucional 1978 - O responsable de mercadotecnia da sociedade informática estadounidense DEC (hoxe desaparecida) enviou un correo electrónico con publicidade a unhas 400 persoas. Nace así o spam ou correo lixo "El 'spam', una peste que cumple 30 años en los ordenadores", en La Voz de Galicia, 3.05.2008.
Nacementos miniatura|100px|Niccolò Machiavelli. 1455 - Xoán II, rei de Portugal (m. 1495). 1496 - Niccolò Machiavelli, historiador, filósofo e político italiano (m. 1527). 1748 - Emmanuel Joseph Sieyès, político, revolucionario e escritor francés (m. 1836). 1851 - Cayetano Aldrey Salvado, mestre e filólogo galego (m. 1922). 1892 - George Paget Thomson, físico británico (m. 1975). 1895 - José Díaz Ramos, político español (m. 1942). 1898 - Golda Meir, política israelita (m. 1978). 1899 - Paulino Uzcudun, boxeador vasco (m. 1985). 1903 - Bing Crosby, cantante crooner e actor estadounidense (m. 1977). 1904 - Arturo Cuadrado, escritor e político galego (m. 1998). 1914 - Martín de Riquer, investigador catalán. 1930 - Juan Gelman, poeta, xornalista e tradutor arxentino. 1933 - James Brown, cantante de soul e funk estadounidense (m. 2007). 1933 - Steven Weinberg, físico estadounidense. 1937 - Nélida Piñón, escritora brasileira. 1945 - Roberto Verino, deseñador e empresario galego. 1978 - Inma López Silva, escritora galega.
Mortes miniatura|160px|Narciso Yepes. 1758 - Bieito XIV, papa. 1904 - José Barral Campos, xornalista e escritor galego. 1908 - Manuel Rodríguez Rodríguez, filólogo e escritor galego. 1936 - Robert Michels, sociólogo alemán (n. 1876). 1941 - Manuel Vidal Rodríguez, sacerdote e escritor galego (n. 1871). 1954 - Manuel Martínez-Risco, científico e político galego (n. 1988). 1957 - Albert Béguin, escritor, crítico e editor suízo (n. 1901). 1997 - Narciso Yepes, guitarrista clásico español (n. 1927). 2004 - Alberto Puente García, dirixente comunista galego (n. 1918). 2008 - Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, político e enxeñeiro español.
Festas e celebracións O tres de maio celébrase a Santa Cruz de maio, e así corre o seguinte refrán: Pola Santa Cruz de maio, o lobo i o corvo nado, i o raposo medio criado O libro da caza, recadádiva de Xosé María Álvarez Blázquez; col. O Moucho, Ed. Castrelos, Vigo 1969, px. 39. Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (1958-1961), s. v. Santa Cruz..
Día Mundial da Liberdade de Prensa
Outros
Os 366 días do ano
Notas
03