miniatura|240px|Volandeiras (Aequipecten opercularis), ós lados, e zamburiña (Mimachlamys varia), no centro. A zamburiña (Mimachlamys varia) é un molusco bivalvo da orde dos pectínidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, unha das 18 especies integradas no xénero Mimachlamys.Mimachlamys varia (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Ostrea varia.

Distribución e hábitat Distribución Esta especie vive no mar do Norte, na Canle da Mancha, nas costas do océano Atlántico e no mar Vermello.Oakley, J. A. (2007): Variegated scallop (Chlamys varia). Marine Life Information Network.

Hábitat É unha especie que vive en augas pouco profundas, até uns 100 m de profundidade, ao longo de zonas rochosas costeiras. Habitualmente vive debaixo de pedras ou entre algas.

Características A cuncha é ovalada, de até 60 mm de diámetro, coas orellas moi diferentes: as anteriores son alongadas e as posteriores moito máis pequenas; entre elas hai un pequeno canal. A valva superior presenta numerosas costelas, fortes, radiais, e que case sempre son escamentas preto do bordo. A cor é moi variábel, en xeral parda violácea escura.

Vive en fondos de cascallo, desde o litoral inferior até os 30 m de profundidade, moitas veces fixada ao substrato por un biso.

É moi abundante en Galicia nalgunhas zonas.

É comestíbel, polo que ten sido moi procurada para a súa comercialización, principalmente en conserva.

Protección Mimachlamys varia está en hábitats protexidos en Strangford Lough, en Irlanda do Norte, e debido ao seu rápido declive alí, polo que está catalogada como unha especie prioritaria de Irlanda do Norte.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1966): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos Pectínidos (orde) Pectínidos Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia. Anuario de pesca 2017. Anexo III cos nomes das especies, publicado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia Ficha en pescaderiascorunesas.es .

Categoría:Pectínidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Moluscos de Galicia