Acelomados 200px Pseudobiceros bedfordi sp Clasificación científica Reino: Animalia Subreino: Eumetazoa Superfilo: Acoelomata Filos (phyla) Phylum Platyhelminthes Turbellaria Monogenea Trematoda Cestoda Phylum Gnathostomulida(*) Phylum Nemertea

Os Acelomados (Acoelomata) son un grupo animais bilaterais carentes do celoma que é a gran cavidade xeral do corpo tendo como única cavidade o celenterón; polo tanto, presentan un corpo macizo xa que entre a parede do corpo e o intestino existe unha masa de células mesenquimáticas que reenchen o espazo que hai entre a epiderme e gastroderme e ademais fibras musculares. O termo acelomado carece de calquera significado taxonómico aínda que serve para identificar o grupo de seres vivos coas características antes mencionadas polo que algúns lle dan a consideración de superfilum

Os acelomados son vermes alongados segundo o eixo principal do corpo. As especies móvense por movementos de tipo ciliar ou ondulatorio. Os filos tipicamente acelomados son os Platihelmintos, os Nemertinos; e os Gnotostomúlidos que algúns autores pensan que son acelomados e outros que son pseudocelomados(*).

. O resto de bilaterais posúen unha cavidade corporal chea de líquido entre a parede do corpo e o intestino, xa sexa un auténtico celoma (celomados) o un pseudoceloma (Pseudocelomados ou Blastocelomados), polo menos en estado embrionario.

Os acelomados son os bilaterais máis simples, con corpos vermiformes e epitelios ciliados, e a maioría dos zoólogos están de acordo en que a orixe dos bilaterais pasa por un antepasado acelomado do cal xurdirían os turbelarios e os primeiros celomados. Polo tanto, serían o grupo do cal deriva a radiación de todos os animais triblásticos.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Pseudocelomados Celomados

Ligazóns externas

Categoría:Acelomados