O 5 de agosto é o 217º día do ano do calendario gregoriano e o 218º nos anos bisestos. Quedan 148 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1939 - O réxime franquista fusila en Madrid trece mozas pertencentes ás Mocidades Socialistas; foron coñecidas como as Trece Rosas. 1960 - O Alto Volta, hoxe chamado Burkina Faso, independízase de Francia 2016 - no Brasil inaugúranse os Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro.

Nacementos miniatura|100px|Guy de Maupassant. 1638 - Nicolas Malebranche, filósofo e teólogo francés. 1784 - Miguel Pardo Bazán, militar e político galego (m. 1839). 1800 - Ramón María Narváez, político e militar español (m. 1868). 1850 - Guy de Maupassant, escritor francés (m. 1893). 1885 - Manuel Núñez González, rexistrador e poeta galego (m. 1917). 1890 - Naum Gabo, escultor ruso (m. 1977). 1893 - Lois Peña Novo, político e escritor galego. 1906 - John Huston, director de cinema norteamericano. 1930 - Neil Armstrong, astronauta estadounidense. 1930 - Eduardo Álvarez Puga, xornalista galego. 1963 - Ana Romaní, poeta e xornalista galega.

Mortes miniatura|100px|Marilyn Monroe 1895 - Friedrich Engels, economista e pensador alemán. 1957 - Heinrich Otto Wieland, químico alemán (n. 1877). 1962 - Marilyn Monroe, actriz estadounidense. 1962 - Ramón Pérez de Ayala, escritor español (n. 1881). 1967 - Sebastián González García-Paz, historiador e arqueólogo galego. 1991 - Julio Prieto Nespereira, pintor e gravador galego (n. 1896). 2000 - Alec Guinness, actor británico. 2003 - Domingo García-Sabell, médico, escritor e político galego. 2003 - Manuel Mur Oti, director, guionista e escritor galego (n. 1908). 2012 - Chavela Vargas, cantante mexicana (n. 1919). 2015 - Ana Hatherly, escritora e artista portuguesa (n. 1929). 2019 - Toni Morrison, escritora estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1993 (n. 1931). 2025 - Terry Reid, guitarrista inglés (n. 1949)

Festas e celebracións Festividade da Virxe das Neves.

Outros Santoral: Santas África, Branca, Nona.

Os 366 días do ano

05