Zacande é un lugar da parroquia de parroquia de San Vicenzo de Nogueira, no oeste do concello pontevedrés de Meis. Segundo datos do IGE, tiña 96 habitantes no ano 2025, dos que 54 eran mulleres e 42 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 106 veciños, e 2010, cando eran 116.

A aldea está atravesada pola estrada PO-300.

Cultura O equipo de fútbol local, o Zacande Fútbol Club, xoga na Terceira División Rexional galega.

Ten sona na bisbarra do Salnés por organizaren unha capea tras das festas locais (Festa do Carme), que teñen lugar os días 20, 21 e 22 de agosto. Segundo os medios de comunicación, na edición do 2007 asistiron unhas 2.500 persoas ao espectáculo."Lidia con moratones en Zacande", en La Voz de Galicia 27.08.2007. A finais da década de 2010 deixu de celebrarse. O 15 do mesmo mes, antes de comenzaren as festas, celébrase a festa gastronómica do poldro, na que se ofrecen racións de carne de poldro, e a feira anual do cabalo.

O que foi alcalde de Meis durante 5 lexislaturas co PPdG, Jorge Casal Pintos, entre 1979 e 1999, era natural desta aldea.

Lugares e parroquias Lugares de Nogueira

Parroquias de Meis

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meis

Categoría:Lugares de Meis