O Museo Arqueológico Nacional (nome oficial) está situado na rúa Serrano, no chamado Palacio de Bibliotecas e Museos, que comparte coa Biblioteca Nacional, e á beira da Praza de Colón en Madrid (España).

Entre outras federacións e entidades, o museo forma parte da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM)."Museum members". International Art Medal Federation miniatura|225px|Dama de Elx.

Historia Fundouse en 1867 por Real Decreto de Isabel II. A súa creación estivo motivada pola necesidade de dispor dun museo onde, do mesmo xeito que nos restantes países europeos, puidesen conservarse, clasificar e expor os materiais arqueolóxicos, etnográficos, de artes decorativas e numismáticas que reuniran os monarcas españois na Real Biblioteca, no Real Gabinete de Historia Natural e noutras institucións.

Directores Desde 1999 o director é designado polo ministerio a cargo de asuntos culturais (no 2007, é o Ministerio de Cultura), a proposta do director xeral de Belas Artes e Bens Culturais. Directores Nome Período Imaxe Pedro Felipe Monlau 1867-1868 100px José Amador de los Ríos y Serrano 1868 100px Ventura Ruiz Aguilera 1868-1872 100px Antonio García Gutiérrez 1872-1884 100px Francisco Bermúdez de Sotomayor 1884-1886 100px Basilio Sebastián Castellanos de Losada 1886-1891 100px Juan de Dios de la Rada y Delgado 1891-1900 100px Juan Catalina García López 1900-1911 100px Rodrigo Amador de los Ríos y Villalta 1911-1916 100px José Ramón Mélida Alinari 1916-1930 100px Francisco de Paula Álvarez-Ossorio y Farfán de los Godos 1930-1939 100px Casto María del Rivero 1937 100px Cayetano de Mergelina 1937-1939 100px Blas Taracena Aguirre 1939-1951 100px Joaquín María de Navascués y de Juan 1952-1966 100px Augusto Fernández de Avilés y Álvarez-Ossorio 1967-1968 100px Martín Almagro Basch 1968-1981 Eduardo Ripoll Perelló 1981-1986 100px José Alfonso Moure Romanillo 1987-1988 100px José María Luzón Nogué 1988-1991 100px María del Carmen Pérez Díe 1991-1997 100px Martín Almagro Gorbea 1998-1999 100px Marina Chinchilla Gómez 1999-2000 Miguel Ángel Elvira Barba 2000-2004 100px Rubí Sanz Gamo 2004-2010 100px Andrés Carretero Pérez 2010-2022 100px Isabel Izquierdo Peraile Desde 2022 100px

O edificio miniatura|300px|Praza de Colón. A primeira sede foi provisoria: un antigo palacete da rúa de Embaixadores chamado o Casino da Raíña, que pertencera a Isabel de Bragança, esposa de Fernando VII.

En 1895, os seus fondos foron trasladados definitivamente ao Palacio de Biblioteca e Museos.

O edificio ocupaba os terreos dunha antiga leira coñecida como a horta de San Filipe Neri. Empezouse a construír en 1866 sobre os planos de Francisco Jareño e Alarcón, pero as obras non concluíron ata 1892, baixo a dirección de Antonio Ruiz de Salces. O edificio, de estilo neoclásico, é de planta rectangular, con catro grandes patios interiores. A fachada que dá á rúa de Serrano presenta unha portada con columnas dóricas na entrada e unha columnata xónica da balconada no piso superior. No xardín de acceso atópase a reprodución da cova de Altamira.

Fondos miniatura|Dama de Baza. Contaba no ano 2003 con 34 salas que abarcaban 22 períodos da cultura e historia de España. Nel pódense atopar obras tan importantes como:

A Dama de Elx A Dama de Baza A Dama de Galera A Dama de Ibiza O Sacerdote de Cádiz O Tesouro de Guarrazar O ábaco neperiano Monumento funerario de Pozo Moro Mosaicos romanos Sepulcro de Constanza de Castela.

Ademais, conta cunha reprodución do teito dos polícromos da cova de Altamira no xardín exterior, cuxo orixinal atópase en Santillana del Mar (Cantabria).

Pezas galegas no museo Galicia ten unha presenza significativa no patrimonio que se conserva no museo.Rodríguez, Salvador. "Galicia en el Museo Arqueológico Nacional" en Estela, Revista dominical de Faro de Vigo, 20/4/2014. Dúas das catro columnas do altar maior de San Paio de Antealtares, s. XII.San Paio de Antealtares na páxina do MAN. Bartolomeu e Santiago o Menor do Coro do mestre Mateu, s. XII.Catedral de Santiago de Compostela na páxina do MAN. Escultura masculina togada, s. I a.C., A Ponte Puñide, Gonzar, O Pino."Puente Punide" na páxina do MAN.Togate figure no Google Art Project. Varios torques e aros.Cultura castrexa na páxina do MAN. Diadema de Moñes. Un fragmento; hai outro no Instituto de Valencia de Don Juan de Madrid e outro no museo de Saint-Germain-en–Laye de París. Lápida xudía da tumba de Seti, s. X-XI. A Coruña. Parteluz do Cristo Salvador de Santiago de Vigo, s. XII.Vigo na páxina do MAN. Placas de arqueta en porta de sagrario, s. VIII, Convento de Santa Clara, Santiago de Compostela.Santiago de Compostela na páxina do MAN. Modio da Ponte Puñide, s. III-IV. Moedas da caetra, 27 a.C., Lugo.Bronces coa caetra na páxina do MAN. Relevo Bautismo de Cristo por San Xoán Bautista, s. XII, Montefaro, Ares.Montefaro na páxina do MAN. Espada da Idade de Bronce, s. III e I a.C., Nogueira de Ramuín. Puñal, s. VI-II a.C., Mondoñedo.

Notas O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en castelán baixo a licenza GFDL.

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de museos numismáticos Incautación de moedas do Museo Arqueolóxico Nacional de España Ligazóns externas Páxina web do Museo Arqueolóxico Nacional As xoias galegas do Museo Arqueolóxico Nacional Consello da Cultura Galega.