dereita|miniatura|230px|Esquema dunha fiestra. Enriba o lintel ou lumieira, abaixo a soleira. dereita|miniatura|230px|Lintel labrado e con inscrición nunha porta en Taborda, Tomiño. Lintel, lumieira, cargadeiro, cargadoiro, cubrición ou padieira é un elemento estrutural horizontal, que salva un espazo libre entre dous apoios. É o elemento superior que permite abrir ocos nos muros para conformar portas e xanelas. Pode ser feito de diversos materiais.
No centro do lintel é onde a peza experimenta as maiores tensións, sendo estas de compresión na cara superior, e de tracción na inferior. Os materiais ríxidos, como as rochas, soportan peor os esforzos a tracción, polo que a patoloxía máis habitual nos linteis pétreos son as fisuras que xorden desde a cara inferior.
Os mellores expoñentes de arquitectura con lintel son os edificios monumentais do antigo Exipto e a Grecia clásica.
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Soarego ou limiar Soleira Tornachuvias Xamba
Notas
Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Fiestras
ca:Llindar (arquitectura) de:Träger (Architektur) en:Lintel fr:Linteau