Degaga ("Mamo") Wolde, (en amhárico: ደጋጋ ("ማሞ") ዎልደ) nado o 12 de xuño de 1932 en Diri Jille (Etiopía) e finado o 26 de maio de 2002 en Addis Abeba, foi un atleta, vencedor nos Xogos Olímpicos.
Participou por vez primeira nos Xogos de 1956, en Melbourne, Australia, correndo nos 800 metros e nos 1.500 metros, así como nos relevos de 4x400 metros. Oito anos despois, nos Xogos de Toquio, ficaría en cuarta posición na carreira dos 10.000 metros. Neses mesmos xogos participou na maratón, mais non puido terminar a competición, que sería gañada polo seu compatriota Abebe Bikila.
Cando os Xogos Olímpicos de 1968, en México D.F. tiña xa 36 anos. Conseguiu unha primeira medalla, de prata, nos 10.000 metros, para logo obter a de ouro na maratón.
Na súa última participación olímpica, nos Xogos de 1972, en Múnic, Alemaña, conseguiu aínda a medalla de bronce na maratón, tendo xa 40 anos de idade.
Categoría:Atletas olímpicos de Etiopía Categoría:Fondistas Categoría:Nados en Etiopía Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Etiopía Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Etiopía Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Etiopía Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo