Moineşti é unha cidade do distrito de Bacău en Romanía, cun censo de 24.210 persoas en 2002.
O nome da cidade deriva da palabra romanesa moină, que quere dicir "orballo" (e tamén "en barbeito"). Moineşti albergou no pasado unha numerosa comunidade xudía. En 2001 obtivo a categoría de concello.
Historia 1467 - Primeira mención documental. Aparece tamén o seu nome nun escrito, Descriptio Moldaviae, do humanista Dimitrie Cantemir. 1783 - Moineşti incluída no mapa Bawer. 1832 - Primeira mención como vila con dereito a feiras. Tiña 188 casas e 588 habitantes. Nesta época fórmase unha poderosa comunidade hebraica, que se mantén ata a instauración do comunismo. 1921 - Moineşti declarada comună urbană (termo preto de cidade, pero sen chegar a selo). No período de entre guerras, a vila coñeceu un desenvolvemento importante. 2001 - Moineşti convértese nun concello.
Xeografía e recursos naturais Atopándose na intersección entre os Cárpatos Orientais e os Subcárpatos, a zona da vila de Moinesti ten recursos naturais como petróleo, gas natural, sal e masas forestais.
Categoría:Cidades de Romanía