Fernando Xavier Blanco Álvarez, nado en Lugo en 1959, é un político galego do BNG.

Traxectoria Traballador de Telefónica. Ocupou o cargo de Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Foi portavoz do BNG no concello de Lugo e na Deputación provincial de Lugo. Nas eleccións galegas celebradas o primeiro de marzo de 2009, encabezou a lista luguesa do BNG ao parlamento. O 5 de outubro de 2011 dimitiu como deputado logo de que Jorge Dorribo, propietario de Nupel, o vinculara con supostos pagos ilegais, no marco da Operación Campión. Blanco perdeu a condición de aforado para ser xulgado o antes posible e demostrar a súa inocencia. Ditas acusacións de Jorge Dorribo nunca foron demostradas. En 2018 foi arquivada a súa causa.http://praza.gal/politica/17872/fernando-blanco-pide-reflexion-sobre-o-uso-politico-da-xustiza-tras-sete-anos-de-imputacion/

Notas

Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1959