José Luis Cuerda, nado en Albacete o 18 de febreiro de 1947 e finado en Madrid o 4 de febreiro de 2020, foi un director, guionista e produtor de cine español.

Traxectoria Comezou a estudar Dereito, pero deixouno despois de tres anos, converténdose en técnico de radiodifusión e televisión. En 1969 entrou a traballar en Televisión Española, realizando en cinco anos máis de 500 reportaxes e documentais para os servizos informativos. Entre 1985 e 1987 traballou como profesor na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca.

Despois de diversas curtametraxes, en 1982 dirixiu a súa primeira longametraxe, Pares y nones, que o situou no ámbito dos directores que cultivan a chamada "comedia madrileña" (Fernando Colomo é outro dos seus máis importantes representantes).

A súa seguinte película, El bosque animado, (1987) inaugurou na súa carreira unha nova etapa carac­terizada por un humor surrealista. Un ano despois apareceu o traballo que o consagrou como realizador, no que obtivo un grande éxito por parte do público: Amanece, que no es poco (1988). Con Así en el cielo como en la tierra (1995) completouse unha especie de triloxía co humor absurdo como elemento común.

Con A lingua das bolboretas (1999) presentou unha visión tenra e ó mesmo tempo descarnada da guerra civil española desde a relación dun neno co seu mestre.

Tamén destacou no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo en varios dos seus filmes e en tres longametraxes do director español Alejandro Amenábar (Tesis, Abre los ojos e The Others); ademais de ser o guionista da maioría das súas producións detrás das cámaras.

Filmografía Películas Pares y nones (1982). Total (1983, película para TV). Mala racha (1985, película para TV). El bosque animado (1987; adaptación da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez). Amanece, que no es poco (1988). La viuda del Capitán Estrada (1991). Tocando fondo (1993). Así en el cielo como en la tierra (1995). A lingua das bolboretas (1999; baseada en relatos de Manuel Rivas), Primer amor (2000). ¡Hay motivo! (curtametraxe: "Por el mar corre la liebre"; 2004). La educación de las hadas (2006). Os xirasoles cegos (2008; baseada na novela homónima de Alberto Méndez). Todo é silencio (2012; baseada na novela homónima de Manuel Rivas). Tiempo después (2018; adaptación da novela homónima do propio Cuerda)

Obras publicadas Amanece, que no es poco, Pepitas de calabaza, Logroño, 2013. ISBN 978-84-15862-08-6 Si amaestras una cabra llevas mucho adelantado, Martínez Roca, 2013. ISBN 978-84-27039-83-4 Tiempo después, Pepitas de calabaza, Logroño, 2015. ISBN 978-84-15862-35-2

Recoñecementos Candidato ao premio Goya ao mellor director: A lingua das bolboretas (1999) Premio Ondas: A lingua das bolboretas (1999) Premio Feroz de Honor á traxectoria profesional (2019)

Véxase tamén

Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en Albacete Categoría:Nados en 1947 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Finados en 2020 Categoría:Profesores da Universidade de Salamanca Categoría:Produtores de cinema de España Categoría:Premio Ondas