Vitus Jonassen Bering, nado en Horsens, Xutlandia, Dinamarca o 12 de agosto de 1681 e finado na illa de Bering (Rusia) o 19 de decembro de 1741, foi un mariño e explorador danés ó servizo de Rusia, que explorou a costa siberiana dando nome ó estreito de Bering. En Rusia era coñecido como Iván Ivánovich Bering.

Traxectoria Naceu en Horsens, Dinamarca, e tras unha curta viaxe á India, e por diversos mares, en 1704, en Ámsterdam, baixo a guía do almirante ruso de orixe norueguesa Cornelius Cruys, Bering alistouse na armada rusa, tomando o rango de subtenenteFrost (2003); p. 19-23., servindo na frota báltica durante a guerra do Norte. Entre 1710 e 1712 estivo destinado no Mar de Azov, en Taganrog, onde participou na guerra contra os turcos. Casou cunha rusa, e só regresou ó seu país natal en 1715, de forma breve. A exploración da costa norte de Asia, resultado do avance ruso en Siberia, ocupouno a partir de entón.

Viaxes a Kamchatka En 1725 viaxou a Kamchatka, desembarcando en Okhotsk e cruzando a península. Construíu entón o barco Sviatoi Gavriil (San Gabriel en ruso). Nel explorou o norte ata que deixou de avistar terra. Nos anos seguintes investigou o leste, redescubrindo as illas Diomede (en ruso Illas Ratmanov) que Dezhnev xa describira. No verán de 1730 Bering volveu a San Petersburgo. No longo traxecto a través das estepas, enfermou. Cinco dos seus fillos que o acompañaban morreron na viaxe.

Bering volveu á rexión de Kamchatka en 1735. Coa axuda dos artesáns locais Makar Rogachev e Andrey Kozmin construíu dous navíos: Sviatoi Piotr (San Pedro) e Sviatoi Pavel (San Paulo), cos que partiu en 1740. Fundou a cidade de Petropavlovsk en Kamchatka, e desde aí, liderou unha expedición a Norteamérica en 1741. Unha tormenta separou os barcos e Bering acabou na costa sur de Alasca, desembarcando cerca das illas Kayak. O segundo barco, capitaneado por Aleksei Chirikov, desembarcou na illa Príncipe de Gales do Arquipélago Alexander. Estas travesías son hoxe en día coñecidas como a Gran Expedición do Nordeste miniatura|Selo da URSS de 1957 cun mapa das exploracións de Vitus Bering. As duras condicións da rexión obrigaron a Bering a volver. No traxecto descubriu parte do arquipélago das Illas Aleutianas, que chamou Illas Shumagin en honra dun mariñeiro do seu barco que morreu alí. Bering enfermou e tivo que refuxiarse nas Illas Kommander (Komandorskiye Ostrova), ó suroeste do mar de Bering. O 19 de decembro de 1741 Vitus Bering morreu de escorbuto nunha illa, preto de Kamchatka que despois recibiu na súa honra o nome de Illa de Bering, xunto a 28 membros da súa tripulación. Porén, no momento actual dubídase do escorbuto como causa da súa morte.A expedición ruso-dinamarquesa de 1991 que exhumou os restos de Bering tamén analizou os dentes e os ósos e concluíu que non morrera de escorbuto. Segundo as análises realizadas en Moscova e no informe orixinal de Steller, a causa probábel da morte foi unha insuficiencia cardíaca (Frost, 2003)

O Sv. Piotr naufragou por unha tormenta, e unicamente o carpinteiro S. Starodubtsev cos superviventes logrou regresar tras construír un novo navío, de 12,2 metros, tamén chamado Sv. Piotr. Dos 77 homes que partiron regresaron 46. O Sv. Piotr continuou navegando entre Kamchatka e Okhotsk ata 1755.

A importancia do traballo de Bering non foi recoñecido durante moito tempo, ata que James Cook probou a veracidade dos seus achados. Hoxe en día, o Estreito de Bering, a Illa de Bering, un glaciar en Alasca e o Mar de Bering levan o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Illa de Bering Estreito de Berring Mar de Bering

Ligazóns externas Informe de 1991 sobre a expedicións arqueolóxica ruso-dinamarquesa

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1681 Categoría:Finados en 1741 Categoría:Nados na rexión de Midtjylland