Mark Richard Shuttleworth, nado o 18 de setembro de 1973 en Welkom, Suráfrica, é un informático, empresario e turista espacial surafricano. É o fundador da empresa Canonical Ltd., unha empresa promotora do software libre.
Traxectoria Mark Shuttleworth naceu na vila mineira de Welkom, Estado Libre, Suráfrica, o seu pai é cirurxián e a súa nai unha mestra dunha escola de enfermería. Creceu na cidade do Cabo onde obtivo un BBusSci en Finanzas e información de sistemas na universidade da Cidade do Cabo, vivía no Smuts Hall, ademais participou na instalación das primeiras conexións residenciais de Internet na súa universidade.
Traballo En 1995, o seu último ano na universidade, funda a empresa de seguridade en Internet Thawte, especializada en certificados dixitais e seguridade en Internet, que vende en 1999 a VeriSign por 575 millóns de dólares.
Shuttleworth fundou en marzo de 2004 a empresa Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre e código aberto, tamén financiou o proxecto Ubuntu, unha distribución de GNU/Linux baseada en Debian, en 2001 forma a fundación Shuttleworth, sen fins de lucro e dedicada á innovación social que tamén apoia educación gratuíta e proxectos de software libre en Suráfrica, como o Freedom Toaster.
En setembro do 2000, formou HBD Venture Capital, unha incubadora de empresas e provedora de capitais de risco. En marzo de 2004 formou Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre. En decembro de 2009, deixa de ser o director executivo de Canonical Ltd.
Viaxe espacial cara á ISS miniatura|Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional. Foi o primeiro africano no espazo e o primeiro turista espacial surafricano. O 25 de abril de 2002, a nave Soiuz TM-34 engalou no cosmódromo de Baikonur cara á Estación Espacial Internacional cunha tripulación formada por tres persoas: o piloto-cosmonauta ruso Yuri Gidzenko como comandante da misión, o cosmonauta-investigador italiano Roberto Vittori e o cosmonauta-enxeñeiro surafricano Mark Shuttleworth.
O segundo cosmonauta "turista" na historia, despois do voo do millonario estadounidense Dennis Tito na Soiuz TM-32, prefire non ser considerado un simple turista, e por iso puxo gran énfase nos aspectos educativos e científicos da súa misión. Levou a cabo experimentos científicos nas áreas de fisioloxía e fenómenos de cristalización, así como outros relativos á investigación das células nai.
Logo de 8 días a bordo da Estación Espacial Internacional (e 10 días de estancia no espazo), a tripulación conformada por Gidzenko, Vittori e Shuttleworth regresou á Terra a bordo da Soiuz TM-33, naquel momento axustada á Estación. A misión da Soiuz TM-34 foi a cuarta que viaxaba á Estación Espacial Internacional e a última de dita variante TM da venerable nave, sendo substituída logo pola Soiuz TMA.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ubuntu, distribución Linux financiada por Shuttleworth. Space Adventures
Ligazóns externas Sitio web oficial Datos biográficos do cosmonauta, en inglés e en alemán, en SpaceFacts.de Primeiro africano no espazo Mark Shuttleworth Sitio web oficial de Ubuntu Fundación Shuttleworth Acerca de Mark Shuttleworth, A misión Soiuz TM-34
Categoría:Personalidades de Suráfrica Categoría:Software libre Categoría:Nados en 1973 Categoría:Enxeñeiros de software