O nome de ostra é usado para grupos diferente de moluscos que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde Ostreoida, familia Ostreidae.

Algunhas subespecies son capaces de producir perlas no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.

A ostra é un prato común na cociña litoral galega e doutros sitios da Europa Atlántica, onde se serven crúas cun pouco limón. Salientan Vigo e Arcade (do concello de Soutomaior) como vilas tradicionalmente ostreiras Arcade celebra a Festa da Ostra desde 1987. Outra celebración semellante realízase en Noalla (Sanxenxo), que tamén celebra a súa Festa da Ostra, desde 1992..

Etimoloxía O termo galego ostra provén do latín: ostrĕa. Do galego-portugués pasou ao castelán co mesmo nomehttp://lema.rae.es/drae/?val=ostra Etimoloxía e definición do termo ostra no dicionario da RAE.

Características As ostras teñen un corpo brando, protexido dentro dunha cuncha altamente calcificada, pechada por fortes músculos adutores.

As ostras son moluscos filtradores, que succionan a auga co bater de cilios. O plancto e as partículas suspendidas do alimento quedan atrapadas no moco e son inxeridas. A actividade de alimentación é maior nas ostras cando as temperaturas da auga están sobre 10 °C. Estímase que cada ostra filtra ata cinco litros de auga por hora.

Un corazón pequeno con tres cámaras, debaixo do músculo adutor, bombea o sangue, coa súa fonte de osíxeno, a todas as partes do corpo. Ao mesmo tempo dous riles situados na superficie inferior do músculo purifican o sangue de calquera residuo.

As ostras teñen sexos separados, pero poden cambiar o sexo unha ou máis veces durante a súa vida. As gónadas, órganos responsábeis de produciren os ovos e o esperma, rodean os órganos dixestivos. Non hai xeito de diferenciar as ostras masculinas das femininas examinando as súas cascas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ostra común Ostra portuguesa Ostra brava Ostricultura

Categoría:Ostreidos Categoría:Marisco