García I de León, nado cara ao ano 871 e finado en Zamora o 19 de xaneiro de 914, foi o primeiro rei da Galicia altomedieval que instalou a súa corte na cidade de León, gobernando entre os anos 910 e 914.

Traxectoria miniatura|esquerda|Estatua de García I no Parque do Retiro|200x200px Foi o fillo primoxénito de Afonso III e de Ximena Garcés, filla do rei de Navarra. No ano 896 casou con Munia Donna (tamén citada como Mummadonna ou Mumma Donna), a filla do conde castelán Munio Muñoz. Co apoio do seu sogro, e da súa nai, a raíña, liderou unha sublevación para apartar do trono o seu pai Afonso. Fracasada a conspiración nun primeiro momento, foi feito prisioneiro. Porén, os seus partidarios conseguiron impoñerse forzando a abdicación do rei e a súa conseguinte coroación.

A alta nobreza da Galiza medular opúxose a estas mudanzas. Nunha asemblea celebrada en Lugo no 7 de xuño de 910, escolleron como monarca ao seu irmán Ordoño II. Ordoño estaba casado con Elvira Mendes, a filla do máis importante conde galego: Hermenexildo Goterres, antigo mordomo maior de Afonso III.

O terceiro irmán Fruela II, retivo o goberno de Oviedo e da franxa costeira cantábrica, se ben rendendo vasalaxe a Ordoño.López Carreira (2008). p.308

García trasladou a capital galega desde Oviedo até a cidade de León de xeito definitivo. Con soberanía tan só na meseta leonesa, durante o seu período fortaleceu a parte oriental do reino repoblando Roa, Osma, Clunia e máis San Esteban de Gormaz.

En 914, durante unha campaña militar na Rioxa, recibiu diversas feridas a consecuencia das cales faleceu en Zamora o 19 de marzo.

Sen descendencia propia, Ordoño II ascendeu ao trono na capital leonesa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de reis de Galicia Lista de reis de Asturias

Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 914 Categoría:Nados en 871