Ramón López Otero, nado en Pígara (Guitiriz) en 1875 e finado nos Vilares en 1951, foi un párroco e escritor galego.

Traxectoria Colaborou en diversos periódicos e, segundo Nicanor Rielo Carballo, publicou en Madrid en 1903, Diálogo en una zapatería entre el párroco de... y Roque, zapatero. Foi o impulsor da recollida de cartos entre a parroquia e os emigrantes na América para a construción da escola dos Vilares, na aldea do Laxoso. Exerceu de párroco nesa parroquia até a súa morte.

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Guitiriz Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes