Alfredo García Alén, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1981La Voz de Galicia, 17-1-1981, p. 40., foi un historiador e mestre galego.

Traxectoria Formación Fillo dos mestres pontevedreses María Alén Solla e Alfredo García Hermida, foi irmán de María Rita, Inés, Luciano, Celia, Vicente, Margarita, Francisco, Carlos e Roberto García Alén. Comezou con 15 anos colaborando no Museo Provincial de Pontevedra, obtendo por oposición ós 25 anos a praza de auxiliar de secretaría, sendo seis anos despois secretario. Obtivo os títulos de Bacharelato e Mestre, e as licenciaturas de Dereito e Filosofía e Letras. Doutorouse cunha tese sobre Cerámica popular gallega.

Actividades Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego, e mestre no Instituto de Pontevedra (o que agora é o IES Sánchez Cantón). Foi director adxunto do Museo de Pontevedra e secretario técnico de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Estudou a prehistoria, o folclore e a antropoloxía galegas, pronunciando moitas conferencias e escribindo moitos artigos sobre diversos temas (numismática, etnografía ou a Virxe da Peregrina).

Vida persoal Casou con Adela Acosta e foi pai de Alfredo, Jose Luis e Carlos Alberto García Acosta.

Obra Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (con Antonio de la Peña Santos); A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1 La alfarería de Galicia (con Luciano García Alén e Xosé M. Gómez Vilasó); A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Filgueira Valverde, Xosé. "GARCÍA ALÉN, Alfredo" na Gran Enciclopedia Galega.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria