Sir Stanley Matthews (1 de febreiro de 1915 - 23 de febreiro do 2000) foi un dos mellores xogadores de fútbol de Inglaterra. Foi coñecido como 'O mago do caneo'.

Matthews naceu Seymour Street, Hanley, Stoke-on-Trent sendo o terceiro de catro fillos. O seu pai, Jack Matthews, foi un coñecido boxeador a nivel local, que lle aprendeu ó pequeno Stanley o interese polos deportes, así coma unha forte disciplina que seguiu toda a súa carreira deportiva.

Xogaba de extremo dereito, e xa dende moi xove foi internacional nas categorías inferiores. O seu primeiro contrato coma profesional asinouno no ano 1932 co Stoke City F.C.. Dous anos despois, en 1934 faría a súa primeira aparición no equipo nacional.

Durante a segunda guerra mundial 'trocou' o terreo de xogo polas forzas armadas, onde serviu na RAF. Unha vez rematada foi transferido ó Blackpool F.C. A Fa Cup que gañaron no ano 1953 coñécese coma a 'Final de Matthews' debido ao seu xogo nese encontro.

Xogou coa selección ata o ano 1957, e segue sendo o xogador máis vello que xamais xogou coa selección inglesa.

En 1961 volta ó Stoke City, onde se retiraría en 1965 despois de cumprir 50 anos.

No ano 1965 é nomeado Cabaleiro do Imperio Británico pola súa carreira deportiva.

Coma dato curioso cabe dicir que en máis de setecentos encontros endexamais foi expulsado dun terreo de xogo. miniatura|dereita|Monumento en homenaxe de Stanley Matthews Hoxe en día hai dúas estatuas que lembran ó xogador: Unha no estadio do Stoke City e outra no centro de Hanley. A lenda das mesmas di: O seu nome é un simbolo da beleza deste xogo, a súa fama eterna e internacional, a súa deportividade e modestia universalmente aclamadas. Un xogador máxico, da xente, para a xente.

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Staffordshire Categoría:Finados en 2000 Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Stoke City FC Categoría:Xogadores do Blackpool FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1954 Categoría:Balón de Ouro Categoría:Adestradores de fútbol de Inglaterra Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Militares da segunda guerra mundial Categoría:Orde do Imperio Británico