Como topónimo Matalobos pode ter dúas orixes: ser un fitónimo referido ao acónito, ou ser o zoónimo lobo unido ao verbo matar, quizais ligado á existencia dun foxo de lobo. Pode referirse a:

En Galiza Matalobos, parroquia do concello da Estrada; Matalobos, lugar de dita parroquia; Matalobos, lugar da parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra.

Amais, como apelido pode referirse a:

Maximino Matalobos, político e xornalista galego; Xosé Porto Matalobos, escritor galego (1927 - 2009); Manuel Celso Matalobos, escritor galego (n. 1959).

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Matalobos, serie de televisión emitida pola TVG entre 2009 e 2013.