O monte Medulio é o lugar da batalla dos galaicos, cántabros e ástures no ano 22 a. C. contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes se suicidaron durante o sitio.

Historia miniatura|Paulo Orosio, representado nunha miniatura pertencente ó códice de Saint-Epure. A súa situación xeográfica hoxe en día é aínda controvertida. Segundo algúns sitúase nas montañas do concello de ḶḷenaMenéndez Pidal (1897), Caunedo Tuñón e Quirós, outros sitúano no Picu Cervera, no Castro Meduales, en MirandaTestamento baixomedieval atopado na catedral de Oviedo. Aduciuse que fontes clásicas o sitúan preto do BierzoBellum Cantabricum et Asturicum, preto das minas romanas das Médulas, o cal explicaría a toponimia do lugar. Con todo, Paulo Orosio situábao nas partes máis afastadas da Gallaecia (Praeterea ulteriores Gallaeciae partes, quae montibus siluisque consitae Oceano terminantur) preto do río Miño (Minium flumine inminentem), o que leva a Vicente Risco a descartar esta localización, que considera unha xustificación previa á teoría de Sarmiento relativa a que o antigo Miño era o río Sil, o cal considera pouco probable en favor doutras posibles localizacións como o Monte Medelo, en Santa Cruz de Arrabaldo (sostido por Boán e que tamén conta co argumento da toponimia ao seu favor); Cabeza de Meda (na Baixa Limia, e sostido por Cortés, Cornide e Murguía), os montes Aloia (en Tui) ou Santa Trega, na Guarda (sostido por Adolf Schulten)Historia de Galicia, Vicente Risco, Obras completas, tomo IV, pag. 265, ISBN 84-453-1487-4.

Modernos estudos establecen unha hipótese que o situaría nun dos montes da Serra do Courel, o Monte Cido, cuxo topónimo podería provir da voz latina Occidio, (matanza, carnizaría), e no que se poden apreciar os restos dun foxo como o que, segundo os datos de que se dispón, se fixo para cercar o monte e no que se descubriron vestixios romanos como unha aguia imperial de bronce procedente dun estandarte.Traballo que apunta a hipótesis da localización do Medulio no Courel Segundo André Pena Graña o monte Medulio estaría na xuntanza dos ríos Miño e Sil, nos PearesAndré Pena Graña, 31:10.

A principal referencia á batalla da que dispoñemos é a de Paulo Orosio:

Segundo cita o historiador romano Floro sobre a batalla:

Segundo o padre Sarmiento e Vicente Risco, uns inxeriron o veleno do teixo, mentres que outros se botaron ao lume dunha inmensa fogueira e outros se deron morte coas súas espadas. Ramón Cabanillas escribiría no seu poema "¡En pé!", pertencente ao seu poemario de 1917 Da terra asoballada:

Notas

Véxase tamén Bibliografía (2001): El Reino de Asturias. Origenes de la nación española. Oviedo.

(2000): Los Cántabros y Astures y su guerra con Roma. Santander.

Ligazóns externas o Monte Medulio. Defensa da teoría de que estivo no Caurel

Categoría:Gallaecia Categoría:Historia militar en Galicia en -22 Categoría:Batallas dos galaicos