400px|miniatura|dereita|Vista de Napier desde Sugar Loaf Hill A Illa Norte ou Illa do Norte ('North Island' en Inglés, ou 'Te Ika ā Maui', 'O Peixe de Maui', en Maori) é unha das dúas illas principais de Nova Zelandia, separada da Illa Sur, polo Estreito de Cook.
A illa ten unha rexión montañosa (máis baixa que a da Illa Sur), que consta de montes boscosos, unha meseta central volcánica e outeiros.
Os vales de Rotorua e Taupo, situados preto da Baía de Plenty, teñen algúns dos mananciais termais máis grandes de Nova Zelandia. Prodúcense cando a auga subterránea sobrecalentada xorde á superficie a través das rocas. O lago Taupo, situado no centro da illa, é o maior de Nova Zelandia e ocupa o cráter dun volcán extinto.
Cara ao suroeste da illa atópase un volcán extinto, o monte Taranaki, de 2518 metros.
O clima e a topografía da illa son máis favorables para a agricultura. Ovinos e bovinos poden alimentarse no verán e inverno nos ricos pastos que rodean Auckland e Christchurch. Unha ampla gama de cultivos, que inclúen hortalizas, cereal e froitas como a uva e o kiwi, prodúcense na parte norte de Nova Zelandia. As ricas zonas pesquerías do océano Pacífico teñen unha crecente importancia económica.
Nome e uso
Aínda que a illa coñeceuse como a "Illa Norte" durante moitos anosNalgúns mapas do século XIX, a Illa Norte e chamada New Ulster (Novo Ulster), que era tamén unha provincia de Nova Zelandia que incluíu a Illa Norte., en 2009 a Xunta Xeográfica de Nova Zelandia atopou que, xunto coa Illa do Sur, a Illa Norte non tiña nome oficial. Logo dunha consulta pública, a xunta nomeou oficialmente á illa Illa Norte como Te Ika-a-Maui en outubro de 2013.
Mitoloxía maorí Segundo a mitoloxía de maorí, as illas do norte e do sur de Nova Zelandia xurdiron pola acción do semideus Māui. Māui e os seus irmáns pescaban desde a súa canoa (a Illa Sur) cando pescou un gran peixe e sacouno do mar. Mentres non miraba aos seus irmáns estes loitaron polo peixe e cortárono. Este gran peixe converteuse na Illa Norte e, polo tanto, o nome maorí para a Illa Norte é Te Ika-a-Māui (O Peixe de Māui). Crese que as montañas e os vales formáronse como resultado de queos irmáns de Māui cortaran o peixe. Ata principios do século XX, un nome alternativo dos maorís para a Illa Norte foi Aotearoa. No uso actual, Aotearoa é o nome colectivo para Nova Zelandia como un todo.
Principais cidades
A illa do norte ten unha poboación máis grande que a illa do sur coa cidade máis grande do país, Auckland así como a capital, Wellington en ambos extremos da illa: Auckland, con 1 495 000 habitantes (zona metropolitana) e situada no golfo de Huaraki, no nordés da illa. Wellington, (zona metropolitana) (capital de Nova Zelandia), con 405.000 habitantes e situada no extremo sur da illa.
Áreas urbanas da Illa Norte por poboaciónÁrea UrbanaRexiónPoboación xuño 2016Área UrbanaRexiónPoboación xuño 20161AucklandAuckland1.495.000 11WanganuiManawatu-Wanganui39.600 2WellingtonWellington405.000 13GisborneGisborne36.1003HamiltonWaikato230.000 13PukekoheAuckland29.8004TaurangaBaía de Plenty134.400 14TaupoWaikato24.1005Napier-HastingsBaía de Hawke131.000 15MastertonWellington21.2006Palmerston NorthManawatu-Wanganui84.300 16LevinManawatu-Wanganui20.6007RotoruaBaía de Plenty57.800 17WhakatāneBaía de Plenty19.6008New Plymouth, Nova ZelandiaTaranaki56.800 18FeildingManawatu-Wanganui16.2509WhangareiNorthland56.400 19TokoroaWaikato13.70010KapitiWellington41.800 20HaweraTaranaki11.800
Picos maiores Monte Ruapehu (2797 m) Monte Taranaki (2518 m) Mangaweka (1733 m) Hikurangi (1440 m) Raukumara (1413 m) Monte Tarawera (1111 m)
Principais lagos Rotoiti Rotorua Tarawera Taupo Waikare Waikaremoana Wairarapa
Notas
Norte Norte