María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro. Traxectoria miniatura|Entrevista en 2017. Escribe dende os seis anos, aínda que o seu segundo libro publicado é de 2002 (Moda Galega). Na súa mocidade foi gañadora de varios premios, coma o Rúa Nova ou o Minerva. Tamén colaborou c' O son das buguinas, un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas no Desenvolvemento.
Leva traballando en cooperación desde o ano 1994, cando realizou a súa primeira visita a un proxecto de desenvolvemento na India. Despois de novas visitas, principalmente de formación e participación en diversos proxectos, todos na India, fundou a Organización Non Gobernamental de Cooperación ao Desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento (da que foi presidenta ata o ano 2013) que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral. No terreo María Reimóndez é experta en enfoque de xénero na planificación e avaliación de proxectos de diversa índole, sobre todo de desenvolvemento integral tanto en zonas urbanas como rurais. É tamén consultora da organización alemá Kinder-Not-Hilfe na aplicación da metodoloxía dos grupos de aforro e o enfoque de xénero, e asesora a partir de 2011 no uso desta forma de traballo en Haití tras facer algúns traballos de consultoría en Ruanda.
É tamén fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, sendo ela mesma tradutora e intérprete de profesión, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos.
En 2010 foi escritora convidada na Universidade de Bangor (Gales) onde impartiu diferentes conferencias sobre tradución, escrita e literatura. Igualmente realizou estadías na Universidade de Stirling e na Universidade de Múnic e en 2011 foi unha das escritoras admitidas no programa do Instituto Cervantes de Múnic e na casa de escritores Villa Waldberta.
Colaborou con artigos de opinión na plataforma dixital Vieiros e no periódico A Nosa Terra, tamén no Xornal de Galicia, ProTexta, Sermos Galiza e Festa da Palabra Silenciada. Ademais, forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo, onde realiza unha tese sobre a interacción do feminismo, poscolonialismo e a tradución.
O 8 de marzo de 2017 resultou gañadora do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual, co ensaio Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure.
Tamén en 2017 gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, polo Concello de Vilalba e por Edicións Xerais coa obra Fóra do normal.
E nese mesmo ano gañou en Bueu o vixésimo Premio de poesía Johán Carballeira por Bus en Galicia. En 2023 gañou o Jules Verne de literatura xuvenil coa novela Furia.
Obra Poesía Moda galega (2002). Santiago: Positivas. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9. kleinigkeiten/cousiñas (2013). Fabulatorio. 66 páxs. ISBN 978-84-940115-2-8 Moda galega reloaded (2014). Santiago: Positivas. ISBN 978-84-941204-6-6. Presente continuo (2013). 48 páxs. ISBN 978-84-9914-538-9. Galicia en bus (2018). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-331-4. ePub: ISBN 978-84-9121-598-1. miniatura|Con Eva Mejuto e Manuel Bragado na presentación de "As cousas que non queremos oír", na Libraría Paz de Pontevedra, o 21/03/2018
Narrativa O caderno de bitácora. Aventuras espaciais (2004). Positivas. 160 páxs. ISBN 84-87783-80-5. Novela. O club da calceta (2006). Vigo: Xerais. 272 páxs. ISBN 9788497824378. Novela. Publicada en italiano, como Il club della calzetta, editorial Gran Via, 2007, en castelán, como El club de la calceta, editorial Algaida, 2008, e en francés, como Le Club du tricot, na editora Solanhets, 2015) Pirata (2009). Vigo: Xerais. 344 páxs. ISBN 978-84-9782-554-2. ePub: ISBN 978-84-9121-163-1. Novela. Foi traducida ao italiano En vías de extinción (2012). Vigo: Xerais. 400 páxs. ISBN 978-84-9914-382-8. ePub: ISBN 978-84-9914-382-8. Novela. Dende o conflito (2014). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9914-737-6. ePub: ISBN 978-84-9914-740-6. Novela A música dos seres vivos (2015). Vigo: Xerais. 360 páxs. ISBN 978-84-9914-665-2. ePub: ISBN 978-84-9914-735-2. Novela A dúbida (2016). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-043-6. ePub: ISBN 978-84-9121-040-5. Novela A esencia da cidade (Xerais, 2016). Relato As cousas que non queremos oír (2017). Vigo: Xerais. 496 páxs. ISBN 978-84-9121-295-9. ePub: ISBN 978-84-9121-288-1. NovelaAs estacións do lobo (Xerais, 2019).392 páxs. ISBN 978-84-9121-570-7. ePub: ISBN 978-84-9121-573-8.Cobiza (2021). Vigo: Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-9121-778-7. ePub: ISBN 978-84-9121-787-9.Multitudes (2023). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-233-9. ePub: ISBN 978-84-1110-273-5.Retorno (2024). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-588-0. ePub: ISBN 978-84-1110-598-9.
Literatura infanto-xuvenil
dereita|miniatura|María Reimóndez na Festa dos Libros de Pontevedra.
Usha (2006). Vigo: Xerais. Ilustracións de Iván Sende. 152 páxs. ISBN 978-84-9782-442-2. (2015, 14ª). ePub: ISBN 978-84-9782-442-2. O can trampulleiro (Comarca do Salnés) (2007). Everest Galicia. Colegas do futuro (Comarca do Ortegal) (2007). Everest Galicia. Misterio no Deza (Comarca do Deza) (2007). Everest Galicia. O trasno burlón (Comarca da Coruña) (2007). Everest Galicia. Unha viaxe no tempo (Comarca de Quiroga) (2007). Everest Galicia. A videoconsola (Comarca de Vigo) (2007). Everest Galicia. Lía e as zapatillas de deporte (2008). Vigo: Xerais. Ilustracións de Iván Sende. 96 páxs. ISBN 978-84-9782-725-6. O monstro das palabras (2009). Vigo: Xerais. Ilustracións de Iván Sende. 128 páxs. ISBN 978-84-9914-051-3. Volvo! O regreso de Usha (2014). Vigo: Xerais. Ilustracións de Iván Sende. 128 páxs. ISBN 978-84-9914-627-0. ePub: ISBN 978-84-9121-003-0. Corredora (2017). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9121-218-8. ePub: ISBN 978-84-9121-213-3. Fóra do normal (2018). Vigo: Xerais. Col. Fóra de xogo. Ilustrador Antonio Seijas. 152 páxs. ISBN 978-84-9121-401-4. ePub: ISBN 978-84-9121-397-0. A formiga destemida (2020). Vigo: Xerais. Col Merlín. 96 páxs. Ilustrador: Iván Sende. ISBN 978-84-9121-635-3. ePub: 978-84-9121-641-4 O meu avó. Queixo (2020). Alvarellos Editora. 32 páxs. Ilustracións de Vanesa Álvarez Bárbaras. Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes divers@s (e non tanto). (2021). Vigo: Xerais, col. Seica. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-860-9. ePub: ISBN 978-84-9121-856-2. Furia (2023). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 196 páxs. ISBN 978-84-1110-413-5.
Ensaio A alternativa está aquí (2014). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9914-626-3. ePub: ISBN 978-84-9914-748-2. Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure (2017). USC. A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega (2024). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-472-2.
Conversas A semente, a árbore, a froita. Ana Pontón en conversa con María Reimóndez (2020). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-690-2.
Traducións
Dende o inglés Entre o costume e a ruptura, de Rachna Mara (Xerais, 1998) Ionqui, de Melvin Burguess (Xerais, 1999) Ra e porco, de Max Velthuis (Xerais, 1999) Ra e lebre, de Max Velthuis (Xerais, 2000) Ra e pato, de Max Velthuis (Xerais, 2000) Ra e rata, de Max Velthuis (Xerais, 2000)Mitos e lendas hindús (Positivas, 2002)As cousas de Berta, de Roger Collinson (Xerais, 2002)Teatriños ou Aturuxos calados, de Erín Moure (Galaxia, 2007) Mary Prince, unha escrava das indias occidentais, de Mary Prince (2008)Despois da medianoite, de Salma (Xerais, 2011)A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter (Urco Editora, 2019) A infancia perdida, de Zitkala-Sa (Col. "Indomeables", autoedición, 2020) O espazo de fóra. Unha aventura noutra dimensión, de Martin Sodomka (Baía Edicións, 2020) A nosa Negra, de Harriet E. Wilson (Hugin e Munin, 2020) A curmá Phillis, de Elizabeth Gaskell (Hugin e Munin, 2022) Trompeta, de Jackie Kay (Hugin e Munin, 2023)
Dende o alemán Boas noites!, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2001) Bos días!, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2001) Orelliñas vai de compras, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2001) Onde está Orelliñas?, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2002) Os tres amigos, de Helme Heine (Xerais, 2002) O coche de carreiras, de Helme Heine (Xerais, 2003) Desamarmos o capitalismo, de Lann Hornscheidt (Catro Ventos Editora, 2022)
Dende o castelán Castelo en Francia, dentro de A filla do filósofo, de Elena Poniatowska (Galaxia, 2009) O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu. Editorial Galaxia (2019)
Obras colectivas O son das buguinas (Xerais, 2007) Vanakkam. Benvidas (Implicadas no Desenvolvemento, 2007) De cando a primavera cría que era inverno (Xunta de Galicia, 2008) Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (Xerais, 2008) Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008) Camiñan descalzas polas rochas (Tris Tram, 2010) II Encontro Cidade da Coruña. Mulleres na literatura (2010) Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011) As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012) Feminismos (2013). Con Olga Castro. Vigo: Xerais. _XX In_éditos_ (Universidade da Coruña, 2013) 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico) De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega)Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora (2021). Vigo: Xerais. Con Ana Luna Alonso e Alberto Álvarez Lugrís. ISBN 978-84-9121-990-3. 176 páxs.
Premios Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo en 2003, pola obra O Caderno de Bitácora Finalista do Premio Merlín 2005, coa novela xuvenil Usha Finalista do Premio Xerais 2005, premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, pola novela O Club da Calceta Premio Plácido Castro 2009, pola tradución da obra Mary Prince, unha escrava das indias occidentais Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio de 2013, por Feminismos, escrito con Olga Castro Premio Xerais 2014 coa novela Dende o conflito Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2014, por A dúbida Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores ao autor ou autora máis destacado de 2014 I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual, 8 de marzo de 2017, por Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure XX Premio de poesía Johán Carballeira por Bus en Galicia, 2017 Premio dos Clubs de Lectura 2019, co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor o 23 de abril outorgado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Premio Literario Pinto e Maragota (2020) por Cobiza2021: Premio Follas Novas do Libro Galego pola tradución de A nosa Negra. 2023: Premio Jules Verne de literatura infantil, por Furia''.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
na Biblioteca Virtual Galega. Páxina web da autora Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros.
Perfil en As escollas electivas