A Frieira é un lugar da parroquia de Abrence, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. Segundo o INE, en 2025 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres), o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 14 habitantes.

Está situado a 473 m de altitude, na estrada autonómica LU-933, ao norte da estrada nacional N-120 e encima da vía de ferrocarril A Coruña-Palencia, que pasa soterrada. Moi preto da aldea encóntrase a Fonte da Mina, manancial do que se abastece parte da poboación da zona.

Lugares e parroquias Lugares de Abrence

Parroquias da Pobra do Brollón

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón