Desmond Mpilo Tutu, nado en Klerksdorp (Transvaal) o 7 de outubro de 1931 e finado na Cidade do Cabo o 26 de decembro de 2021, foi un pastor anglicano, teólogo e pacifista surafricano, que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 a causa da súa oposición ao Apartheid.
Traxectoria dereita|miniatura|175px|O arcebispo Desmond Tutu. Tutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como arcebispo anglicano de Cidade do Cabo (Suráfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa anglicana de África do Sur). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.
Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arco da Vella, para describir metaforicamente á Suráfrica posterior ao apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Suráfrica.
Recoñecementos Ten sido nomeado Doutor honoris causa por varias universidades como a de Portland ou no ano 2000 pola Pompeu Fabra de Barcelona.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Premio Nobel da Paz 1984, na páxina Oficial do Instituto Nobel
Categoría:Arcebispos anglicanos de Suráfrica Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en Klerksdorp Categoría:Nados en 1931 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Portland Categoría:Bispos da Igrexa anglicana de África do Sur Categoría:Premios Nobel de Suráfrica Categoría:Finados en 2021 Categoría:Teólogos anglicanos Categoría:Activistas de Suráfrica Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra