Anselmo Lorenzo Asperilla, tamén chamado "o avó do anarquismo español", nado en Toledo o 21 de abril de 1841 e finado en Barcelona o 30 de novembro de 1914, foi un dos primeiros anarquistas españois. Foi moi activo no movemento desde a súa reunión con Giuseppe Fanelli en Madrid en 1868, ata a súa morte en 1914.

Traxectoria Anselmo Lorenzo naceu en Toledo o 21 de abril de 1841. Coñecido coma "o avó do anarquismo español", foi membro da loxa francmasona barcelonesa "Fillos do Traballo"; posteriormente, chegou a ser Mestre Venerable e Orador da loxa "Lealdade".

En 1871 formou parte con Francisco Mora y González Morango da sección española da Primeira Internacional. Participou nunha conferencia en Londres en 1871 na que defendeu unha postura non marxista.

Exiliouse en París tras verse afectado polo proceso de Montjuïc (1896-1897) e á súa volta colaborou na Editorial da Escola Moderna xunto a Francesc Ferrer i Guàrdia. Participou no congreso de Barcelona de 1910 e na fundación da Confederación Nacional do Traballo (CNT).

Faleceu o 30 de novembro de 1914 en Barcelona. A CNT conta cunha fundación que leva o seu nome, a Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo, fundada en 1987.

Obras Ensaio Fuera política (1886) Acracia o república (1886) Biografía de Pedro Kropotkin (1893) Sinopsis ortográfica a la tipografía española: reglas para el uso de las letras dudosas y de los acentos (1900) Criterio libertario (1903) Vía libre. El trabajador. Su ideal emancipador. Desviaciones políticas y económicas (1905). Limiar de J. Mir y Mir e prefacio de Fernando Tarrida del Mármol. El pueblo (estudio libertario) (1907). Prefacio de Piotr Kropotkin. Solidaridad (1909) La Anarquía Traficante (1911) Contra la ignorancia (1913) El proletariado militante, 2 vols. (1901/1923) El Sindicalismo (c. 1930) El Banquete de la vida (2006)

Traducións El hombre y la tierra (1906), de Elisée Reclus La gran revolución, 1789-1793, de Piotr Kropotkin Las aventuras de Nono (1902), de Jean Grave

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo

Categoría:Anarquistas de España Categoría:Masóns de España Categoría:Nados en Toledo Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Anarcosindicalistas