A LombardíaVer entrada de «Pavia». (en lombardo: Lumbardia, en italiano: Lombardia) é unha das vinte rexións de Italia. Con preto de dez millóns de habitantes é a rexión máis poboada da República. Situada entre os Alpes e o val do Po, limita ao norte con Suíza (cantón Tesino e os Grisóns), ao oeste co Piemonte, ao leste co Véneto e o Trentino-Tirol do Sur e ao sur coa Emilia-Romaña. A súa capital é Milán.

Xeografía miniatura|esquerda|Brusimpiano, ás beiras do Lago Lugano miniatura|esquerda|Pico Piz Bernina (4.055 m) A superficie da Lombardía divídese case a partes iguais entre a chaira (que representa preto do 47% do territorio) e as zonas montañosas (que representan o 40%). O restante 13% da rexión é zona de outeiros. Morfoloxicamente, a rexión divídese en catro partes: unha estritamente alpina, outra montañosa ou de outeiros, outra chá subdividida en alta e baixa e finalmente a área ao sur do río Po. A zona de montaña máis importante é a zona alpina que inclúe os Alpes Lepontinos e Réticos, co pico Piz Bernina que acada os 4.055 msnm, os Alpes Bérgamo, os Ortles e os macizos Adamello, seguida por unha zona de contrafortes dos Prealpina, que inclúen os picos de Grigna (2.410 m), Resegone (1.875 m) e Presolana (2.521 m). Os grandes lagos lombardos, todos de orixe glaciar, atópanse nesta zona. De oeste a leste, estes son o lago Maggiore, o Lago de Lugano (só unha pequena parte é italiana), o Lago de Como, Lago Iseo, Lago de Idro, e o lago de Garda, o máis grande de Italia. Outras montañas de menor importancia atópase ao sur do Po, nos Apeninos.

O clima é continental, aínda que con variacións dependendo da altitude ou a presenza das augas continentais. O carácter continental do clima é máis acentuado nas chairas, con altas oscilacións térmicas anuais (en Milán a temperatura media en xaneiro é de 1,5 °C e en xullo de 24 °C), sendo características as espesas néboas entre outubro e febreiro. Así pois en xeral os invernos son bastante fríos (as temperaturas poden chegar a mínimos de -11 °C) e os veráns calorosos (non é difícil atopar zonas que superen os 35 °C), húmidos e moderadamente chuviosos, por exemplo as zonas próximas aos lagos teñen un clima semellante ao mediterráneo, o cal permite o cultivo de oliveiras. As precipitacións son máis frecuentes nas zonas prealpinas (até 1.500 - 2.000 mm anuais) que nas chairas e as zonas dos Alpes (de 600 a 850 mm anuais).

Historia miniatura|esquerda|A Corona Ferrea, coroa dos reis lombardos Ao longo da historia foron moitos os pobos que pasaron pola actual Lombardía, entre os que se poden destacar os etruscos, os celtas ou galos, que precederon aos romanos, que chegaron á rexión no século III a.C. Nos últimos anos do Imperio romano, a relativa veciñanza co Danubio favoreceu numerosas incursión de pobos bárbaros no territorio lombardo e coa definitiva caída do occidente romano, alternáronse a posesión do territorio os ostrogodos e os bizantinos.

Entre os anos 559 e o 774 os bizantinos foron substituídos polos longobardos, un pobo procedente da Escandinavia, que converteron a Lombardía no centro do seu reino, sendo Pavia a súa capital. No 774 o rei dos francos, Carlomagno, foi chamado a Italia polo Papa, o cal estaba ameazado polos longobardos. Xunto co seu exército entrou en Pavia, e Carlomagno fixo prisioneiro ao rei longobardo Desiderio, dando comezo ao dominio dos francos na Lombardía. Carlomagno dividiu as terras en feudos e os subordinou á administración de nobres da súa confianza, chamados "vasalos" (en italiano "vasalli"), que gobernaron o territorio no seu nome, dando inicio á estrutura política que caracterizou o alto medievo.

Entre os séculos XII e XIV diversas cidades lombardas estiveron baixo control de familias aristocráticas, as máis potentes foron os Gonzaga en Mantua e os Sforza en Milán. Os representantes destes nobres chamaron aos artistas máis famosos que embeleceron as súas pertenzas e as cidades. A Lombardía enriqueceuse así con marabillosas obras de arte como o castelo Sforzesco de Milán. Dende a fin do século XV a Lombardía volve converterse en terra de conquista: primeiro chegaron os franceses, sendo cedida despois aos españois que se mantiveron bastante tempo. Durante esta dominación a rexión coñeceu, despois dun primeiro período de prosperidade, unha progresiva decadencia, agravada no século XVII pola epidemia da peste.

En 1706 foi herdada polos austríacos, aínda que case un século despois foron expulsados por Napoleón Bonaparte, que dominou a rexión durante vinte anos. Despois da caída de Napoleón, en 1815 restabeleceuse o goberno austríaco, na forma de estado-monicreque chamado Reino da Lombardía-Venecia. Por mor do Movemento de Independencia Lombardo (en italiano: Movimento d'Independenza Lombarda) a rexión converteuse nun dos centros intelectuais que conducen á unificación italiana, sendo a rexión o centro de feroces loitas durante trinta anos, que terminaron en 1859, cando a Lombardía é definitivamente liberada da ocupación estranxeira e anexada ao Reino de Italia. A partir de finais do século XIX, e cun grande auxe despois da segunda guerra mundial, a Lombardía confirmou o seu status como a zona economicamente máis desenvolvida de Italia.

Demografía miniatura|Milán miniatura|Brescia Con preto de dez millóns de residentes a Lombardía é a rexión máis populosa de Italia e está entre as primeiras de Europa, cunha poboación por encima da de países como Austria, duplicando a norueguesa e moi preto das grandes rexións europeas como Renania do Norte-Westfalia, Baviera, Illa de Francia ou Baden-Württemberg, que superan os dez millóns de habitantes. Os lombardos supoñen o 16% da poboación italiana e viven no 7,9% do territorio, dando orixe a unha densidade demográfica próxima aos 400 hab./km², só superados en densidade pola Campania. A provincia máis poboada é a de Milán, seguida da de Brescia e Bérgamo, mentres que a menos habitada é a de Sondrio.

A inmigración foi o factor máis significativo no eido demográfico nesta rexión no último século. O aumento de cinco millóns de habitantes, principalmente na posguerra, ten orixe sobre todo na inmigración doutras rexións italianas (noroeste e sur). A poboación estranxeira presente na Lombardía (665.884 habitantes en 2006) constitúe case a cuarta parte do total italiano, representando o 6,3% do total da poboación lombarda. Dende os últimos anos do século XX, na Lombardía e en Italia, ten comezado un fluxo migratorio procedente de países non europeos, particularmente africanos, asiáticos e suramericanos, así como de Europa oriental. A presenza humana no territorio caracterízase por unha ter pouca uniformidade, dado que se concentra entre as provincias de Varese, Como, Lecco, Milán e Bérgamo. Este territorio ten máis de 6,5 millóns de habitantes e é un continuo urbano chamado città infinita. As cidades máis importantes da rexión son:

# Cidade Provincia Poboación 1 Milán Milán 1 303 670 2 Brescia Brescia 190.044 3 Monza Monza e Brianza 121.445 4 Bérgamo Bérgamo 115.645 5 Como Como 84.083 6 Varese Varese 81.990 7 Busto Arsizio Varese 81.431 8 Sesto San Giovanni Milán 81.033

Economía miniatura|Galería Vittorio Emanuele II, coñecida zona comercial de Milán. A Lombardía está considerada unha rexión altamente industrializada, provindo esta imaxe da revolución industrial, que se produce na Lombardía no século XIX e que se incrementa co grande auxe económico da posguerra. Así pois é a rexión máis rica de Italia e está entre as rexións con maior renda per cápita da Unión Europea. O PIB lombardo (con 254.447 millóns de euros) é superior ao de países como Arabia Saudita, Noruega, Suráfrica, Arxentina ou Portugal.

A economía lombarda caracterízase polo desenvolvemento dunha ampla variedade de sectores, dende os máis tradicionais como a agricultura ou a gandería á industria pesada e lixeira, pasando polo sector terciario, que experimentou un forte auxe nas últimas décadas. A industria florece en múltiples sectores, particularmente nas áreas metal-mecánica, electrónica, siderúrxica, téxtil, química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, editorial, do calzado e mobiliaria. Destacar que Milán é a súa provincia representan máis do 40% da industria lombarda. No terciario é importante o peso do comercio e das finanzas, en Milán ten a súa sede a Bolsa italiana, que está entre as principais prazas financeiras europeas, e a Feira de Milán (en italiano: Fiera di Milano). O turismo, xa sexa urbano, artístico, ou de montaña e lagos, ten un peso cada vez maior.

Administración e política Goberno A política da Lombardía ten lugar nun marco dunha democracia representativa presidencial, mediante o cal o Presidente do Goberno Rexional (Presidente della Regione) é o xefe de goberno, e dun multi-pluriforme sistema de partidos. O poder executivo é exercido polo Goberno Rexional (Giunta Regionale). O poder lexislativo reside no goberno e o Consello Rexional (Consiglio Regionale).

O partido demo-cristiá Democrazia Cristiana mantivo unha maioría dos votos e o goberno das máis importantes cidades e provincias até finais de 1980, até que na década de 1990, escándalos de corrupción que se estenderon dende Milán a toda Italia, xunto cos problemas causados pola inmigración e o descontento xeral cara ao goberno de Roma, que se considera que favorece excesivamente as rexións menos desenvolvidas do sur de Italia en materia económica, levou a un crecemento repentino do partido separatista da Leiga Lombarda. Hoxe en día, a Lombardía é un bastión de Casa delle Libertà, unha coalición na que se atopa o partido do actual presidente de República, Silvio Berlusconi.

Divisións administrativas A rexión está composta por doce provincias, sendo a máis poboada a de Milán e a máis extensa a de Brescia. dereita|400px ProvinciaArea (km²)PoboaciónDensidade Provincia de Bérgamo 2.723 1 070 060 392,9 Provincia de Brescia 4.784 1 223 900 255,8 Provincia de Como 1.288 582.736 452,4 Provincia de Cremona 1.772 358.628 202,4 Provincia de Lecco 816 334.059 409,4 Provincia de Lodi 782 222.223 284,2 Provincia de Mantua 2.339 407.983 174,4 Provincia de Milán 1.620 3 170 273 1.620 Provincia de Monza e Brianza 364 783.750 2.088 Provincia de Pavia 2.965 535.948 180,7 Provincia de Sondrio 3.212 181.841 56,6 Provincia de Varese 1.199 868.777 724,6

Cultura Linguas miniatura|Sinalización bilingüe

Na Lombardía, ademais do italiano, fálanse o insubre ou lombardo occidental nas provincias de Varese, Como, Lecco, Sondrio, Monza, Brianza, Milán e Lodi, e o orobico ou lombardo oriental nas provincias de Bérgamo e Brescia, así como no Cremasco e nos concellos do Val de San Martino na provincia de Lecco. Tamén se fala o lombardo meridional de transición co emiliano nas provincias de Cremona e Mantua. Estas linguas pertencen á familia lingüística galoitálica e son faladas en gran parte da rexión, así como en Suíza (no cantón de Tesino) e nas zonas fronteirizas da Lombardía co Piemonte e o Trentino.

O uso do lombardo está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia ao contrario que nas áreas suízas, onde incluso se emiten algúns programas de radio e televisión na lingua. Ademais a máis importante institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza, o coñecido como CDE (Centro dei dialettologia e dei etnografía).

Monumentos na Lombardía miniatura|Santa Maria delle Grazie miniatura|Mantua miniatura|Crespi d'Adda miniatura|Duomo de Milán miniatura|A rosa camuna, símbolo da Lombardía. Cinco monumentos da Lombardía están inscritos dentro da lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Santa Maria delle Grazie coa Última Cea de Leonardo da Vinci. Santa Maria delle Grazie é unha igrexa e convento dominico que se atopa en Milán, famoso por estar decorado co famoso mural de Leonardo da Vinci "A última cea". Foi inscrito na lista en 1980

Crespi d'Adda