O atol Orona, tamén coñecido como Illa Hull,Constitución de Kiribati do 12 de xullo de 1979 é unha das Illas Fénix na República de Kiribati. Mide aproximadamente 8,8 km. por 4 km. e, como Kanton, é unha estreita franxa de terra que rodea unha lagoa de tamaño considerable con profundidades de 15 - 20 m.. Numerosas pasaxes conectan a lagoa co océano circundante, das cales un par admiten incluso unha pequena embarcación. A superficie total de terra é de 3,9 km² e a elevación máxima é de nove metros.

Kiribati declarou a Área Protexida das Illas Fénix en 2006, e o parque ampliouse en 2008. A reserva mariña, de 425 300 quilómetros cadrados, contén oito atois de coral, incluído Orano.

Aínda que ocupada en varias ocasións durante o pasado, incluíndo ata 2004, Orona está deshabitada na actualidade.

Historia Do mesmo xeito que Manra, Orona contén probas prehistóricas da Polinesia habitada. Unha antiga pedra marae está no extremo oriental da illa, xunto coas ruínas dos refuxios, as tumbas e doutras plataformas.

Ninguén está seguro de quen descubriu Orona ou cando, pero a historia mostra que se chama "Illa Hull", en honra do Comodoro Isaac Hull, bautizada así polo Comandante Charles Wilkes do USS Vincennes cando visitou a illa o 26 de agosto de 1840. A expedición atopou alí 11 tahitianos e un francés pescando tartarugas. Seguiu sendo coñecida con este nome ata que a República de Kiribati acadou a independencia en 1979, cando o seu nome cambiouse polo de I-Kiribati Onora.

A diferenza de Manra, Orona non parece que fose explotada para a obtención de guano, e aparentemente non foi reclamada (a diferenza das outras illas Fénix) por escavadores de guano estadounidenses. A bandeira británica izouse alí o 11 de xullo de 1889 e a illa pasou a formar parte da colonia das Illas Gilbert e Ellice. Orona foi arrendada en 1916 a un tal capitán Allen, da "Samoan Shipping and Trading Company", e converteuse nunha plantación de copra. O arrendamento de Allen foi comprado polo goberno británico en 1938.

Foi unha das illas implicadas no Esquema de Asentamento das Illas Fénix, a expansión colonial final do Imperio Británico. Os residentes foron evacuados en 1963 debido á seca persistente e ao declive do mercado da copra. Aquí pódense ver fotos do asentamento abandonado, Arariki, arredor de 1967. A oficina de correos da illa de Hull abriu o 1 de xaneiro de 1939 e pechou arredor de xaneiro de 1964. Despois de ser abandonada, a illa foi reocupada polas autoridades americanas en 1970 e administrada desde o Condominio das Illas Canton and Enderbury.Digest of United States Practice in International Law, Vol. 1979, pp. 783 As reivindicacións británicas e americanas sobre a illa remataron en 1979 coa independencia de Kiribati de Gran Bretaña e a sinatura do Tratado de Tarawa no que os Estados Unidos conservan o dereito de restablecer unha base militar. A administración foi transferida á autoridade de Kiribati en 1981.

A illa volveuse a ocupar brevemente entre 2001 e 2004 por pescadores das Illas Gilbert co apoio dunha lancha patrulleira da Armada de Kiribati.News from the LinNix in Kiribati

Orona, xunto co resto das Illas Phoenix, foi declarada en 2008 a ser parte da Zona Protexida das Illas Fénix, a máis grande do mundo, das zonas mariñas protexidas.

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Illas Fénix

Ligazóns externas

US-Kiribati Treaty of Friendship

Categoría:Atois de Kiribati