miniatura|Italia bizantina e longobarda. O Ducado de Brescia foi un dos ducados instituídos polos longobardos en Italia. A ocupación de Brescia ten lugar durante a primeira fase da invasión longobarda da Italia setentrional, entre o 568 e o 569; a cidade foi unha das cidades onde a presenza longobarda foi maior e que desempeñou un papel de primeira importancia na historia do reino longobardo, achegando tamén personalidades como o rei Rotario. Historia O século VI O primeiro duque longobardo de Brescia foi Alachis I o Sabio, morto sobre o 573. Poucas son as noticias transmitidas sobre a súa figura: Malvezzi sostén que restaurara os muros romanos e que lle atribuían a construción da Curia Ducis. Chamárono, en latín, "uir prudens", isto é, "o Sabio", co mérito de estar comprometido coa paz e o benestar da cidade; morreu de "morte cristiá". O século VII Á morte sen herdeiro do rei Arioaldo no 636, os duques elixiron o duque de Brescia Rotario. Nado no 606, fillo de Nandinig da fara dos Arodingos, como décimo sétimo rei dos longobardos en Italia Rotario é descrito por Paulo Diácono como "home de gran forza e seguiu o camiño da xustiza, pero non mantivo a recta vía na fe cristiá e manchouse da perfidia da herexía ariana". Casou con Gundeperga, a viúva do seu predecesor, e á súa morte converteuse en duque de Brescia e rei dos longobardos o fillo Rodoaldo, que morreu seis meses despois.

No 680 convértese en duque Alachis II, o duque de Trento coa axuda de dous nobres longobardos brescianos, Aldo e Grauso. Alachis, á fronte do partido ariano e tradicionalista da Austria (as rexións orientais da Langobardia Maior, tentou máis veces usurpar o trono de Pavia, antes de ser definitivamente vencido e morto no 690 por Cuniperto na chaira entre Trezzo e Cornate d'Adda, ao longo do río que sinalaba a fronteira entre Austria e Neustria.

O século VIII Tamén o último rei dos longobardos foi bresciano, malia non selo de nacemento. chamábase Desiderio: nobre do Ducado de Tuscia, casou con Ansa, filla de Verísimo (nobre bresciano de orixe latina). Tiveron polo menos seis filos: Adelchis, asociado ao trono no 759. Xerberga, muller de Carlomán (herdeiro de Pipino o Breve e irmán de Carlomagno). Desiderata, coñecida como "Ermengarda" xa que Alessandro Manzoni, non coñecéndolle o nome, lle puxo na súa traxedia Adelchi o da filla de Lois II do Sacro Imperio Romano. Anselperga, abadesa de San Salvatore en Brescia. Adelperga, muller do duque de Benevento Arechis II e alumna de Paulo Diácono (así como probabelmente tamén os irmáns). Liutperga, esposa de Tasilón III de Baviera. Desiderio fundou no territorio bresciano numerosos importantes mosteiros, como o de San Salvatore (agora Santa Giulia) en Brescia e o Mosteiro de Leno.

Coa chegada dos francos, no 770, o ducado cesa de existir e pasa a formar parte do Sacro Imperio Romano de Carlomagno. Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán, 1992). Jörg Jarnut. Storia dei Longobardi. Turín, Einaudi, 2002. ISBN 8846440854 Outros artigos Brescia Ducados longobardos Longobardos Historia da Lombardía

Categoría:Ducado de Brescia