O 10 de setembro é o 253º día do ano do calendario gregoriano e o 254º nos anos bisestos. Quedan 112 días para finalizar o ano.
Acontecementos 422 - O papa Celestino I sucede a Bonifacio I (até 432). 1823 - Simón Bolívar é escollido presidente do Perú. 1846 - Elias Howe patenta a súa máquina de coser. 1950 - Emilio Rodríguez Barros gaña a 9ª Vuelta Ciclista a España. 1974 - Portugal recoñece a independencia de Guinea-Bissau. 2005 - É descuberto Disnomia, o satélite natural de Eris. 2008 - Entra en funcionamento o Gran colisor de hadróns.
Nacementos miniatura|100px|Charles Sanders Peirce. 1169 - Aleixo II Comneno, emperador do Imperio Bizantino (m. 1183). 1487 - Xulio III, papa da Igrexa Católica (m. 1555). 1713 - John Needham, biólogo británico (m. 1781). 1753 - John Soane, arquitecto británico (m. 1837). 1839 - Charles Sanders Peirce, filósofo e científico estadounidense (m. 1914). 1866 - Jeppe Aakjær, poeta e novelista danés (m. 1930). 1887 - Antonio Valcárcel López de Lemos, avogado e escritor galego (m. 1963). 1892 - Arthur Holly Compton, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1927 (m. 1962). 1897 - Georges Bataille, escritor e filósofo francés (m. 1962). 1941 - Stephen Jay Gould, paleontólogo e divulgador científico estadounidense (m. 2002). 1945 - José Feliciano, cantante portorriqueño. 1951 - Eliseo Alberto, xornalista, novelista, poeta e guionista mexicano de orixe cubana (m. 2011). 1960 - Colin Firth, actor británico. 1961 - Alberto Núñez Feijóo, político galego, presidente da Xunta de Galicia. 1968 - Guy Ritchie, director de cine británico. 1971 - Pepo Suevos, actor de cine e televisión galego. 1976 - Gustavo Kuerten, tenista brasileiro.
Mortes miniatura|100px|Mary Wollstonecraft. 1797 - Mary Wollstonecraft, filósofa e escritora británica (n. 1759). 1928 - Román Navarro, pintor e militar galego (n. 1854). 1936 - Gerardo Abad Conde, político galego, alcalde da Coruña (n. 1881). 1936 - Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, mestre e militante anarquista español (n. 1896). 1948 - Fernando I, rei de Bulgaria (n. 1861). 1971 - Pier Angeli, actriz italiana (n. 1932). 1975 - George Paget Thomson, físico británico, Premio Nobel de Física en 1937 (n. 1892). 1976 - Dalton Trumbo, escritor e guionista cinematográfico estadounidense (n. 1905). 1979 - António Agostinho Neto, escritor, poeta e político angolano, primeiro presidente de Angola (n. 1922). 1983 - Felix Bloch, físico estadounidense de orixe suíza, Premio Nobel de Física en 1952 (n. 1905). 1983 - Balthazar Johannes Vorster, primeiro ministro de Suráfrica (n. 1915). 1999 - Alfredo Kraus, tenor español (n. 1927). 2005 - Hermann Bondi, matemático e cosmólogo británico de orixe austríaca (n. 1919). 2006 - Taufa'ahau Tupou IV, rei de Tonga (n. 1918) 2007 - Jane Wyman, actriz de cine e televisión estadounidense (n. 1917) 2007 - Anita Roddick, empresaria, escritora e activista ecoloxista británica (n. 1942)
2018 - Paul Virilio, filósofo francés (n. 1932).
Festas e celebracións Día Nacional de Xibraltar
Outros Santoral: San Pedro de Mezonzo
Os 366 días do ano
Categoría:Setembro