A lingua chipaia é unha lingua falada nos Andes bolivianos por ao redor de 2.000 persoas. Pertence á familia uru-chipaia, que á súa vez é un grupo illado ao que non se lle coñecen relacións próximas. O chipaia fálase na actualidade unicamente na vila de Chipaya, nas ribeiras do lago Coipasa, se ben hai testemuños de que se falou nunha zona máis grande, probabelmente na veciña vila de Isluga (Chile), e tamén a empregan os habitantes de Chipaya que van traballar fóra da súa vila como temporeiros. O chipaia está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Os chipaias denomínanse qhwaz-zh zhoñiRodolfo Cerrón-Palomino El chipaya o la lengua de los hombres del agua, Universidade Católica de Perú, 2006 (os homes da auga), e á súa lingua chipaj tagoPieter Muysken Uchumataqu: Research in Progress on the Bolivian Altiplano, International Journal on Multicultural Societies, Vol. 4, No. 2 , 2002
Historia As pescudas filoxenéticas apuntan que a separación entre a lingua uru (hoxe extintaKatja Hannss Uchumataqu: The Lost Language of the Urus of Bolivia: a Grammatical Description of the Language as Documented Between 1897 and 1952, CNWS, 2008.) e a chipaia se produciu entre os séculos II e III dC, baseándose en datos de semellanzas de vocabulario. A lingua permaneceu sempre no seu rexistro oral ata que en datas moi recentes algúns lingüistas e falantes traballaron no desenvolvemento dun alfabeto propio.
Existen diversos textos que estudan o chipaia no século XX, con algúns bosquexos gramaticais e repertorios léxicos.
Tipoloxía Conforme a súa gramática, podería dicirse que o chipaia é unha lingua aglutinante, porén con características propias infrecuentes no conxunto das linguas aglutinantes.
Recibiu grandes influencias do aimará tanto no léxico como no gramatical, e máis recentemente influencias do español.
Conservación O chipaia é a lingua materna dos habitantes da vila de Santa Ana de Chipaya, na provincia de Atahuallpa, cunha poboación dunhas 2.000 persoas (1.800 no último censo, de 2001). A vila conta cunha escola de primaria e un instituto de secundaria, o ensino vehiculízase en español, se ben en tempos recentes a aprendizaxe da escrita do chipaia comeza a ter algunha presenza na escola da vila. Así pois, os seus habitantes escolarizados teñen un certo nivel de español, aínda que as conversas internas se seguen desenvolvendo integramente en chipaia.
Notas
Categoría:Linguas uru-chipaya Categoría:Linguas de Bolivia